Autorizada a práctica deportiva sen máscara para os maiores de 12 anos e pauta de vacinación completa ou test no Volei Galego

A Secretaría Xeral para o Deporte autorizou á Federación Galega de Voleibol á práctica deportiva sen mascara no caso dos xogadores e xogadoras maiores de 12 anos que acrediten a súa participación mediante certificado de vacinación con pauta completa ou test previo.
Ao longo desta semana, dende o anuncio de que a Xunta permitiría medidas de protección fronte a Covid-19 alternativas ao uso da máscara para os maiores de 12 anos no deporte galego federado, a Federación Galega de Voleibol comezou o traballo de adaptar o seu Protocolo FISICOVID – DXTGalego para que os seus deportistas de pista e praia puideran competir sen ter que recurrir a esta prevención obrigatoria ata o momento.
Despois das reformas pertinentes nos protocolos, a súa aceptación tras varias consultas polo máximo organismo galego e tendo en conta a mellora dos bos datos que amosa Galicia na xestión da pandemia, a Federación Galega de Voleibol autoriza finalmente aos xogadores e xogadoras maiores de 12 anos a adestrar e competir sen máscara facial sempre e cando teñan a pauta completa de vacunación e o poidan acreditar mediante certificado de vacinación ou a realización dun test seguindo as indicacións do Protocolo FISICOVID da FGVB.
Agradecemos o esforzo e colaboración de todos os clubs, xogadores, adestradores e familiares que durante todo este tempo respectaron os protocolos da FGVB e recordamos que todavía estamos lonxe de rematar, polo que pedimos a máxima responsabilidade de cara á estas novas normas para poder desfrutar do noso deporte.
Pode consultar os novos protocolos no apartado de descargas desta mesma páxina web.
- Publicado en Competicións vólei praia, Competicións voleibol, Federación
A máscara seguirá sendo obrigatoria no Volei Galego polo momento.

Cas melloras nos datos relativos á pandemia da COVID-19 e según fontes oficiais, a Xunta de Galicia permitirá medidas de protección fronte a Covid-19 alternativas ao uso da máscara para os maiores de 12 anos no deporte galego federado nesta tempada 21/22.
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos informar que actualmente estamos a traballar na proposta de modificación dos nosos protocolos baseados no FISICOVID-DXTGALEGO, que serán supervisados por parte do máximo organismo galego.
Ata que a aprobación destas modificacións sexa oficial por parte da Xunta de Galicia, recordamos que segue vixente a obrigatoriedade do uso de máscara tanto en adestramentos como partidos do Volei Galego.
Agradecemos a paciencia e compresión do voleibol galego en relación a este tema, e seguiremos informando dos avances a medida que se vaian facendo efectivos.
- Publicado en Competicións vólei praia, Competicións voleibol, Federación
Entrevista a Noelia Sánchez no seu retorno ao Volei Galego.

Noelia Sánchez, despois de 22 tempadas como xogadora de voleibol profesional, máis de 100 internacionalidades e moitos títulos acadados nos mellores equipos de todo o país, deicidiu poñer punto e final á súa carreira na pasada 18/19.
Esta tempada 21/22 unha da nosas referentes do Volei Galego retorna ás nosas competicións autonómicas en Primeira División Senior da man do CD Korbis, o equipo da súa localidade, polo que aproveitamos para falar brevemente con ela para comentar como afronta esta nova etapa na casa.
- Cóntanos Noelia, que che fixo voltar ás pistas como xogadora? Como xurdiu a túa fichaxe?
Tiña ganas de volver a tocar un balón e xa me vía preparada psicolóxicamente para desfrutar do volei dunha maneira que non fose profesional. A fichaxe produciuse dun xeito moi natural, fun o pabellón e pedinlle a Roberto Castro se podía xogar con eles e puxeron todas as facilidades para que así fose.
- Como afrontas esta nova etapa?
Con moitas ganas e ilusión, son moi competiva e iso non vai a cambiar, e aínda que agora non haxa retribución económica coma antes, sego tendo a mesma paixón polo deporte.
- Como está sendo esta volta á competición a nivel persoal?
O principio un pouco dura, facía máis de ano e medio que non tocaba un balón e as dores apareceron todas xuntas, pero agora xa me sento mellor e xa recuperei a sintonía a ca pelota, ademáis de ir gañando complicidade cas novas compañeiras do equipo.
- Qué obxectivos fixaches a nivel persoal e cales son os do equipo?
O obxetivo persoal é manterme en forma e desfrutar, ademáis de por a miña experiencia ao servizo do equipo. No que se refire ó equipo o obxectivo e cada vez xogar mellor e os resultados xa nos poñeran no sitio que merezamos ao longo desta tempada 21/22.
- Con qué outras actividades compaxinas o deporte?
Son adestradora persoal ademáis de quiromasaxista.
- Como xogadora con moita experiencia nas máximas categorías, como ves aos equipos Galegos das Superligas este ano?
Aínda non me deu tempo de botarlles un ollo a todos ,o que si vin en directo foi ó Arenal Emevé das rapazas e creo que serán o equipo revelación da liga. Estou segura de que todos darán o máximo na categoría.
- Teremos unha Noelia adestradora no futuro do Volei Galego?
Creo que iso non pasará… aínda que sempre me din que sería unha boa adestradora, nunca me gustou moito…si que me chama mais a atención un posto de segunda , intervindo en outras tarefas como poden ser a preparación física e a de prevención de lesions.
Palmarés de Noelia Sánchez:
- 1 Campeonato de España Cadete
- 2 Campeonatos de España Juvenil
- Subcampeonato de España Cadete y Juvenil con Selección Gallega de Voleibol.
- 1 Fase de Ascenso a División de Honor(1997-1998)con la concentración permanente (Mejor atacante)
- 12 Copas Galicia.
- 1 Ascenso a Superliga.
- 4 Copas de la Reina de Voleibol, nombrada (MVP).
- 1 Subcampeonato de Superliga (2011-2012).
- 3 Campeonatos de Superliga (2012-2013), (2013-2014) y (2014-2015).
- 3 Supercopas de España (2012, 2013 y 2014).

- Publicado en Entrevistas
Reunión da Comisión Delegada da FGVb

Este venres día 8 a Comisión Delegada da Federación Galega de Voleibol mantivo unha reunión co fin de últimar detalles de cara á nova temporada.
A mellora das normas do Volei Galego levou a revisións nas Normas Xerais e Específicas de voleibol, nas normas Xerais de competición de volei praia e no regulamento da categoría Alevín, documentos que pode consultar no apartado de normativa da nosa páxina web.
Para consultar o resumo dos cambios propostos na normativa da FGVb 21/22 pode consultar a seguinte ligazón.

- Publicado en Competicións vólei praia, Competicións voleibol
Comeza a tempada 21/22 do #VoleiGalego

Despois de rematar unha gran tempada na que o Volei Galego conseguiu sobrepoñerse á COVID-19 e acadou numerosos éxitos tanto a nivel de clubs como a nivel autónomico nas competicións nacionais, as categorías Senior, Xuvenil, Cadete e Infantil volven as pistas de xogo este sábado para desputar os seus partidos por toda a comunidade, enchendo de novo os pavillóns galegos ao longo das fins de semana
Ademáis este ano súmanse dúas categorías novas, sendo a Júnior un paso intermedio entre a etapa Xuvenil e Senior, e incluindo a categoría Alevín na estructura das competicións federadas, un gran avance que asegura a canteira do noso voleibol ao competir nun formato de liga regular que terá competición masculina e feminina por toda Galicia.
Co obxectivo de mellorar a información e organización en todas estas competicións, lanzouse a nova plataforma ISQUAD da FGVB, na que tanto xogadores /as coma equipos deberán estar inscritos de forma independiente para poder desputar os seus partidos na fin de semana, e que lles permitirá ter acceso a un área persoal onde realizar as súas xestións relacionadas cas competicións nas que estén inscritos/as.
Do mesmo xeito a Federación Galega de Voleibol recuperará as xornadas de tecnificación ao longo desta 21/22, como son as Xornadas de Desenrolo e Formación para as categorías Alevín e Benxamín e as de Supervisión e Control para as Infantís e Cadetes, que por mor da pandemia non se puideron realizar na 20/21 e que permitirán a mellora do aprendizaxe e intercambio de experiencias relacionadas co noso deporte grazas aos técnicos asistentes.
Todos estos ingredientes, sumados ao calendario formativo que e iniciou cos cursos de Adestrador Nivel I e II, prometen unha nova tempada chea de voleibol, que fará as delicias dos nosos practicantes e que agardamos que poida celebrarse ca máxima normalidade posible, sempre respectando os Protocolos FISICOVID DXT Galego da FGVB que se atopan no enlace de descargas da nosa web e que recordamos que son de obrigado cumprimento.
- Publicado en Competicións voleibol, Federación