Finaliza o I Torneo Bilateal U16 entre España e Portugal en A Estrada

O Concello de A Estrada acolleu do 26 ao 30 deste mes as concentracións das Seleccións Nacionais U16 de España e Portugal, onde as mellores xogadoras da categoría de cada país adestraron durante 5 días no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro.
Como preparación do WEZVA que se desputará a partir do día 5 de xaneiro, os dous conxuntos estiveron desfrutando das instalacións dos estradenses, chegando a celebrar dous partidos oficiais os días 29 e 30 que fixeron as delicias dun público que se volcou cos dous equipos ao desfrutar un voleibol de gran nivel.
Os dous conxuntos foron recibidos polo Alcalde do Excmo. Concello de A Estrada, D. José López Campos, que agasallou cun recordo local do evento aos seleccionadores e presenciou o espectáculo deportivo que nos deixaron tanto locais coma visitantes. No plano estrictamente deportivo, os encontros decantáronse polo lado visitante por 1-3 e 2-3, pero sendo desputado cada punto ca emoción que desprende un partido internacional de carácter oficial.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a predisposición e o bo facer do Excmo. Concello de A Estrada, que a través do seu persoal fixo posible este gran evento que afianza a presenza do noso deporte na zona, e que estamos seguros de que é a continuación dun gran proxecto a longo prazo entre ambas entidades.
- Publicado en Competicións voleibol, Federación
Posposta a Xornada de Supervisión e Control prevista para o próximo 26 de decembro

Dende a Federación Galega de Voleibol, e atendendo á situación actual relacionada ca COVID-19, decídese pospoñer a Xornada de Supervisión e Control prevista para este domingo 26 en Bertamiráns.
Pese a contar con protocolos específicos destinados a evitar riscos neste tipo de concentracións, a Federación debe velar pola seguridade dos deportistas tendo en conta a dureza desta sexta ola que estamos a sufrir, polo que se pospón a xornada de cara ó día 30 de xaneiro, con sede todavía por confirmar.
Lamentamos profundamente os inconvintes que esta situación podería causar tanto a clubs, xogadores coma familiares, pero entendemos que minimizar os riscos será o mellor para todos nunhas datas nas que queremos desfrutar cos nosos seres máis queridos.
Bo Nadal a todos e moito #sentidiño.
- Publicado en Desenrolo e formación, Supervisión e control
Nova Xornada de Supervisión e Control o próximo 26 de decembro en Bertamiráns

Despois das xornadas celebradas os pasados días 6 e 8 en Noia, o Pavillón Municipal de Bertamiráns acollerá unha nova concentración onde os nosos xogadores/as das categorías cadete e infantil voltarán a compartir coñecementos e experiencias acompañados de técnicos especialistas da Federación Galega de Voleibol e enmarcados nas actuacións do Plan Nacional de Voleibol 2020-25.
A Categoría cadete feminino terá turno de mañán de 10:00 a 12:00, quedando as infantiles de tarde (16:00 a 18:00) e un único grupo para o masculino de infantiles e cadetes de 18:00 a 20:00. Debido ás circunstancias actuais relacionadas ca COVID-19, esta xornada será únicamente de dúas horas sen comida por grupo, utilizando máscara en todo momento como ven a ser habitual nestas concentracións.
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 10 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 23 as 12:00 horas.
Outras datas:
- 3ª Xornada de Supervisión e Control – 26 decembro – Categoría infantil e cadete
- 4ª Xornada de Supervisión e Control – 30 xaneiro – Categoría infantil e cadete
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas

- Publicado en Desenrolo e formación, Supervisión e control
Volve o Volei Praia Galego en Oira

O Club Volei Praia Milenio Ourense celebrará o próximo 2 de xaneiro unha proba do Circuito Oira Praia 2022, primeira proba do ano puntuable para o Campionato Galego e o Ranking Nacional de Volei Praia.
As categorías masculina e feminina voltarán a Oira nada máis comezar o ano, limitada a 12 parellas por categoría, e estando regulada a orde de entrada polos puntos que cada parella teña acumulados no Ranking Nacional a día 27 de decembro.
Os participantes deberán seguir as indicacións recollidas neste enlace onde se amplía a información, tendo como teléfono de contacto o 646923389 ou ben o correo electrónico cvpmilenio@gmail.com.
- Publicado en Competicións vólei praia
Moito Volei Galego no All Star Masculino

A Real Federación Española de Voleibol está a facer oficial a lista de xogadores e xogadoras que participarán no All Star que se celebrará o próximo 28 e 29 de decembro en Guadalajara e Valladolid.
Esta selección realizouse en colaboración cos clubes da Superliga, designando adestradores a través de votacións e propoñendo xogadores para unha lista final que se formaría a través do departamento técnico da RFEVB tendo en conta estatísticas recollidas ata a séptima xornada.
Con tres equipos na Superliga Masculina , o voleibol galego terá moita presenza no partido das estrelas, encabezadas polos galegos Diego Taboada e Mario Dovale, adestrador e líbero que militan nas filas do Arenal Emevé.
Do mesmo xeito, o Club Voleibol Aldebarán participará con dous xogadores: Francisco Adrián Fernández Rodríguez e José Manuel Enríquez Verdi e, pola súa parte, o Boiro Voleibol estará prensente co oposto José Carlos Romero e o receptor Felipe Benavidez.
Pode consultar a información e a lista completa da convocatoria na seguinte ligazón.
- Publicado en Competicións voleibol
O Volei Galego chora a perda de Cristobal García

A Federación Galega de Voleibol quere expresar as súas condolencias a familiares e amigos de Cristóbal García, responsable do Comité Nacional de Entrenadores e os programas de formación da Real Federación Española de Voleibol.
Dende todo o voleibol galego lamentamos esta gran perda dunha excelente persoa, que traballou de xeito incansable para o mellorar o voleibol nacional, e que sempre axudou ao noso deporte en Galicia dende as súas responsabilidades na RFEVB.
DEP
- Publicado en Federación
Bep Llorens, relator convidado da Escola Galega de Adestradores

Bep Llorens, adestrador do CV Ciutadella de Menorca, equipo que disputa actualmente a liga Iberdrola e Coach Certificado pola International Coaching Federation (ICF) , impartirá este domingo 19 de decembro unha charla no Pavillón Municipal de Bertamiráns dentro do programa de formación anual da Escola Galega de Adestradores.
O taller, titulado “ Xestión emocional e de equipos dende a base á elite” terá unha duración aproximada de catro horas (de 10:00 a 14:00) e contará con contido téorico de maneira participativa cos asistentes, así como parte práctica realizada no lugar de celebración.
A formación, dirixida a todo tipo de persoas que traballan en clubs ou asociacións deportivas, independentemente da modalidade deportiva, terá como guía condutora a xestión das emocións no deporte, desde as idades máis temperás ata o nivel de máxima competición, atendendo ás distintas necesidades psicolóxicas dos deportistas en función das súas calidades e trazos, xa sexa de maneira individual ou grupal.
O prezo do curso será de 15 € por asistente, tendo desconto para grupos se asisten 3 ou máis adestradores dun mesmo club (10€). A inscrición deberase efectuar enviando os datos de inscrición (nome e apelidos e club de procedencia) ao correo adestradores@volei.gal, ademais do xustificante de pago (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) antes do xoves 16 de novembro ás 19:00 horas.
- Publicado en Formación adestradores
Aberta a inscrición para a Xornada de Desenvolvemento e Formación do 12 de decembro en Boiro

As Xornadas de Desenvolvemento e Formación teñen unha nova data de celebración o vindeiro domingo 12 no Pavillón de A Cachada (Boiro) sendo a quenda dos benxamíns de 16:00 a 18:00 e a dos alevíns de 18:00 a 20:00 horas.
Sendo únicamente xornada de tarde non haberá comida incluída e o prezo será reducido, polo que se deberá cumprimentar a inscrición (formulario disponible na sección de descargas da nosa web ), así coma realizar o pago de 10 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando dita inscrición xunto ao xustificante de pago a adestradores@volei.gal antes deste venres as 12:00 horas.
Outras datas:
- 1ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 14 Novembro
- 2ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 12 Decembro
- 3ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 30 Xaneiro
- 4ª Xornada de Desenvolvemento e Formación – 27 Febreiro
- Publicado en Desenrolo e formación, Supervisión e control
Presentado o Campionato Bilateral España – Portugal U-16 en A Estrada

A Estrada segue crecendo no panorama do volei. Despois da creación do primeiro equipo de voleibol nesta tempada 21-22, onde un grupo de xóvenes do lugar comezou a practicar o seu deporte favorito grazas ao traballo conxunto entre Concello, Federación Galega e o CV Bruxas, a localidade galega acollerá este decembro unha concentración de
dúas seleccións nacionais sub 16 de voleibol.
A Selección Española Sub-16 e a Selección Portuguesa Sub-16 realizarán unha concentración do 26 ao 30 de decembro en A Estrada co fin de preparar o Torneo WEVZA que xogarán en Bélxica do 4 a 9 de xaneiro de 2022, e onde se enfrentarán as seleccións de Holanda, Bélxica, Francia, Alemaña e Italia.
Hoxe tivo lugar na Sala de Xuntas do Concello de A Estrada a presentación do evento, á que acudiron D. Jose Ángel Luna Bargo – Vicepresidente da RFEVB e Presidente da FGVB e D. José López Campos – Alcalde do Excmo Concello de A Estrada.
Durante a rolda de prensa de presentación ante os medios ambas entidades recoñeceron a boa relación que está a permitir que o deporte do voleibol siga gañando peso na localidade, que xa conta cun grupo de rapaces e rapazas de tódalas idades que segue a medrar grazas ao esforzo conxunto do Concello, Federación e o club local.
O Presidente da FGVB comentou que «o interese polo voleibol arraigou en A Estrada. Dende a Federación esperamos que siga medrando e ver ao equipo en competición oficial de cara o ano que ven. Iniciativas como este Torneo axudan a consolidar este deporte na zona e o apoio que nos está a amosar este Concello é fundamental para así sexa».
Do mesmo xeito, D. José López Campos, Alcalde do Excmo Concello de A Estrada, expresou que «pouco a pouco imos incorporando deportes no noso Concello. De un grupo de 8 nenos e nenas prendeuse unha semilla que fai medrar as Escolas Deportivas Municipais ca incorporación dun deporte que non tiña presenza ata o momento. Agradecemos o compromiso da Federación Galega de Voleibol para dar a posibilidade de celebrar un evento destas características e agardamos que sirva como aliciente para motivar aos rapaces e rapazas a practicalo e transmitir os valores do deporte.»
O día domingo 26 de decembro comezará a concentración, ca chegada das seleccións nacionais española e portuguesa, que convivirán durante 5 días en A Estrada desputando dous partidos amigables e dous partidos oficiais entre elas, ademáis dos seus respectivos adestramentos de preparación no Pavillón local Coto Ferreiro.
A asistencia aos partidos oficiais será gratuita e baixo limitacións de aforo da instalación, quedando a asistencia aos adestramentos e partidos amigables suxeita a demanda baixo solicitude á dirección de correo electrónico adestradores@volei.gal.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer ao Concello de A Estrada a súa axuda para a celebración deste evento, así coma a confianza da RFEVB para realizar unha importante concentración previa a unha competición oficial.
O programa desta concentración inclúe:
Domingo 26
- Adestramento Portugal 17-19 H
- Adestramento España 19-21 H
Luns 27
- Adestramento Portugal 10-12 H
- Adestramento España 12-14 H
- Partido amigable 18:30 H
Martes 28
- Adestramento Portugal 10-12 H
- Adestramento España 12-14 H
- Partido amigable 18:30 H
Mércores 29
- Adestramento Portugal 10-12 H
- Adestramento España 12-14 H
- Partido oficial ESPAÑA VS PORTUGAL U-16 19:00 H
Xoves 30
- Partido oficial ESPAÑA VS PORTUGAL U-16 12:00 H

- Publicado en Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación, Seleccións voleibol