Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
E-mail: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE Próximamente
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
    • PROCESO ELECTORAL
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓNPróximamente
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMATIVA
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • PROTOCOLOS COVID
    • FORMULARIOS
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
    • CLUBSPróximamente
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Inicio
  • 2022
  • enero
octubre 2, 2023

Month: enero 2022

Novas Xornadas de Tecnificación do Volei Galego o 30 de xaneiro

viernes, 21 enero 2022 por Comunicacion

O domingo 30 de xaneiro a Federación Galega de Voleibol terá un día completo para os xogadores da base do volei galego, ao ter xornadas de tecnificación nas localidades de Quiroga e Bertamiráns.

A Xornada de Supervisión e Control infantil e cadete, que volve a Quiroga, estará limitada a 30 jugadoras por quenda ( por orden de inscripción) debido a limitación de horarios e persoas na instalación. Os horarios serán os seguintes, incluindo comida na inscrición:

  • Infantil Feminino: 09:00-10:45 /14:15-16:00. (INSCRICIÓNS COMPLETAS)
  • Cadete Feminino: 10:45-12:30/ 16:00-17.45. (INSCRICIÓNS COMPLETAS)
  • Infantil Masculino y Cadete Masculino: 12:30-14:15/ 17:45-19:30.

Para a Xornada de Desenvolvemento e Formación en Bertamiráns, tamén para o 30 de xaneiro e nas que participarán as categorías benxamín e alevín, o horario será únicamente de mañán, estipulado nas seguintes quendas:

  • Benxamíns: 10:00-12:00.
  • Alevíns: 12:00-14:00.

Para a inscripción nestas xornadas deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 10 € (no caso de Desenvolvemento e Formación e 20€ para Supervisión e Control) no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A.

Para formalizar esta inscrición deberase enviar o xustificante de pago e o formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 27 as 12:00 horas, salvo os inscritos que xa pagaran a anterior edición aprazada de Supervisión e Control, que únicamente deberán enviar o formulario e o xustificante de pago realizado en decembro.

Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Supervisión e Control

Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Desenvolvemento e Formación

Leer más
  • Publicado en Supervisión e control
No Comments

Presentación oficial da proba do Campionato Galego que se celebrará este sábado en Narón.

miércoles, 19 enero 2022 por Comunicacion

Hoxe tivo lugar na sala de actos do Concello de Narón, a presentación oficial da proba do Campionato Galego Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín que se celebrará este sábado día 22 en Narón.

Os pavillóns de Campo da Serra e a Solaina acollerán dende as 09:30 ata as 19:00 horas esta primeira proba das catro que se celebrarán por toda Galicia. Contando con case 240 participantes entre as categorías Prebenxamín, Benxamín e Alevín que estarán repartidos en 50 equipos de pequenos deportistas,

Na presentación, á que asistiu a Alcaldesa e Presidenta do Patronato de Deportes, Marián Ferreiro, o Concelleiro de Deportes, José Oreona; o Presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna; e a Presidenta do Club Narón-Volea Eva Romero.

A Presidente da FGVB agradeceu ao Concello de Narón a súa colaboración nesta proba, así coma aos integrantes do Club Narón-volea Voleibol polo seu traballo para facer posible este gran evento deportivo que reunirá aos máis pequenos do noso voleibol durante un día de competición e que abrirá a tempada 21/22 para a categoría Benxamín e Prebenxamín.

Pola súa parte a Alcaldesa e o Edil de Narón desexaron a mellor das sortes aos participantes e agradeceron tamén a confianza da Federación Galega para celebrar unha vez máis unha das súas probas no seu concello.

Leer más
  • Publicado en Campionatos Galegos PB/BE + Copa Alevín
No Comments

Presentada a XLVII Copa de La Reina en Lugo

martes, 18 enero 2022 por Comunicacion
Foto: Arenal Emevé

Os próximos 11, 12 e 13 de febreiro o mellor voleibol nacional femenino ten un cita no Pavillón Municipal de Lugo. Hoxe día 18 de xaneiro tivo lugar a presentación oficial do evento, así coma o sorteo dos cruces de Semifinais.

No acto, que comenzou ás 11.00 horas, estiveron presentes a Subdelegada do Goberno en Lugo, María Isabel Rodríguez; o Secretario Xeral para o Deporte de la Xunta de Galicia, José Ramón Lete; o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé; O Deputado de Deportes de Lugo, Efrén Castro; a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez; o Vicepresidente da Real Federación Española de Voleibol e Presidente da Federación Galega de Voleibol, José Ángel Luna e a Presidenta do Arenal Emevé, Bibí Bouza.

A dirixente do equipo anfitrión iniciou a quenda de intervencións recoñecendo que o evento “vai vai ser un fito histórico nestes case corenta anos de andaina do club e é o resultado de axuntar sinerxias e ilusión. Esperamos deixar a Lugo no sitio que se merece”.

O Presidente da FGVB destacou que «o Volei Galego non só está a demostrar o seu gran estado de forma no plano deportivo, con ata 11 equipos nesta temporada 21/22 en competicións nacionais, os grandes resultados nos Campionatos de España de clubs ou as medallas acadadas polas Seleccións Galegas nos últimos CESA. O noso voleibol tamén está sendo referencia no plano organizativo, tras a recente celebración de Fases de Ascenso a Competicións Nacionais, Campionatos de España de Volei Praia ou esta Copa de la Reina que demostra a nosa forza e as nosas ganas de fomentar e mellorar o noso deporte».

«Como responsable da Federación Galega dicir que estamos encantados de colaborar de novo nun evento coma esta Copa de la Reina que chega da man do Arenal Emevé, e que seguirá situando a Galicia coma unha das capitais do voleibol nacional traendo aos mellores equipos femininos o próximo febreiro. Por outra banda, dende a Real Federación Española de Voleibol  tamén estamos seguros de que será un gran espectáculo para os afeccionados, celebrándose con todas as garantías tanto sanitarias coma organizativas, xa que detrás do evento estará un club de referencia cunha amplia traxectoria na xestión de grandes eventos deportivos como é o Arenal Emevé» comentou J.Á Luna.

A competición arrincará o venres 11 de febreiro cos duelos xa pre-establecidos clasificatoriamente: Sanaya Libby’ s La Laguna – DSV Sant Cugat (17:00 horas) e OSACC Haro La Rioja – Arenal Emevé (20:00 horas). A primeira semifinal do sábado, que se disputará ás 16:30 horas, enfrontará ás vencedoras do duelo entre canarias e catalás a Gran Canaria Urbaser. A segunda, a partir das 19:30 horas, medirá a KIELE Socuéllamos coas gañadoras do partido entre Haro e Emevé. A gran final quedará para o domingo 13 de febreiro ás 12:30 horas.

Leer más
  • Publicado en Competicións voleibol, Federación
No Comments

Comezan os Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín + Copa Alevín

viernes, 14 enero 2022 por Comunicacion

Os máis pequenos do noso deporte comezan a súa competición este sábado día 21 en Narón. A Federación Galega de Voleibol levará a cabo 4 probas do Campionato Galego Prebenxamín e Benxamín xunto ca Copa Alevín, que se suma como competición oficial á liga regular que comezou esta categoría na tempada 21-22.

Este campionato desenvolverase nas catro provincias, tendo como datas e localizacións as seguintes:

  • 22/01/2022 – Narón.
  • 19-20/02/2022 – Lugar da Provincia de Lugo por confirmar
  • 02/04/2022- Ourense.
  • 23/04/2022- Pontevedra.

A primeira das probas terá lugar a vindeira fin de semana en Narón da man do Club Voleibol Narón-Volea , nos pavillóns de A Solaina e Campo da Serra, que acollerán os primeiros encontros dunha competición moi especial para os pequenos deportistas do volei galego que volverán a competir en pista despois das probas realizadas en herba o ano pasado debido á pandemia.

Para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 na categoría Alevín e de 3 ata 5 xogadores/as na Benxamín e Prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 antes do próximo martes ás 20:00 horas a correo@volei.gal , co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.

  • FORMULARIO G11 -BOLETIN DE INSCRIPCIÓN DE PARTICIPANTES EN FASES ZONAIS E FINAIS ALEVÍN E BENXAMÍN
  • Listado OFICIAL de horarios para a proba do 22/01/22 en Narón.
  • Diploma participación coma deportista na proba PB/B + Copa Alevín de Narón
  • Resultados proba Narón CG PB/B + Al (24/01/22)
Leer más
  • Publicado en Campionatos Galegos PB/BE + Copa Alevín
No Comments

Comeza a Liga Nacional de Voley Playa

miércoles, 12 enero 2022 por Comunicacion

A Real Federación Española de Voleibol puxo en marcha esta temporada 21/22 unha nova iniciativa de cara á competición nacional de Volei Praia.

Despois da celebración do Campionato de España de Clubs de Volei Praia o pasado mes de agosto en Riazor, a Liga Nacional de Voley Playa comeza este xaneiro con 6 clubs no apartado masculino e 8 no femenino, tendo como represetante galego ao Club Vigo Volei Praia en ambas categorías.

A competición comezará mañán día 13 no apartado masculino e a vindeira semana na feminina, e os vigueses queren seguir sumando éxitos nacionais despois de acadar o Campionato e Subcampionato de España de Clubs en agosto de 2021 en A Coruña.

Para ampliar a información pódese consultar a páxina específica da RFEVB, ou ben os calendarios completos nas seguintes ligazóns:

  • Liga Nacional de Voley Playa Masculina
  • Liga Nacional de Voley Playa Feminina

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia
No Comments

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

SUBIR
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR