Os pequenos do Volei Galego inician o seu verán en Coruña

A Coruña repite por terceiro ano consecutivo acollendo unha proba de Categorías Inferiores de vólei praia, congregando aos nosos pequenos deportistas para desputar a próxima fin de semana do 8 de xullo unha nova xornada de dous días de competición nas categorías infantil e Sub-19 (sábado 8) e alevín e cadete (domingo 9).
Englobado no proxecto A Coruña é Vólei Praia, que tamén inclúe o Campeonato Senior Galego (3ª proba do Circuíto Vichy Catalan Vólei Praia Galego) e o II Trofeo Cidade da Coruña 1* CNVP, o noso deporte volverá a encher a praia de Riazor durante 3 fins de semana.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 4 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer o compromiso e colaboración unha vez máis do Concello de A Coruña e da Deputación da Coruña para poder levar a cabo esta gran iniciativa, que fai que A Coruña sexa o centro do Vólei Praia Galego acollendo aos mellores xogadores/as autonómicos e nacionais.
- Publicado en Competicións vólei praia, Vólei Praia Cat. Inferiores
Convocatoria oficial das Seleccións Galegas para o CESA 2O23.

A Federación Galega de Voleibol fai hoxe oficial a lista de xogadores que representarán á nosa comunidade nos Campeonatos de España de Selecciones Autonómicas que un ano máis se celebrarán en Valladolid.
Os equipos galegos loitarán un ano máis por finalizar entre os mellores de España, mostrando a súa mellor versión neste importante torneo nacional despois das concentracións realizadas ao longo desta temporada deportiva nos encontros que terán lugar do día 29 de xuño ao 2 de xullo de 2023.
A lista de xogadores e xogadoras seleccionados é a seguinte:




Para o evento, a expedición galega partirá en dous autobuses o día mércores 28, tendo os seguintes puntos e horas de recollida por toda Galicia:
SAIDA AUTOBUS 1
HORA | DIRECCIÓN | PUNTO DE RECOLLIDA |
7:50 | CAMPOS FEDERATIVOS DE ELVIÑA (A CORUÑA) | LOCALIZACIÓN |
9:15 | HOTEL JORGE I (LUGO) | LOCALIZACIÓN |
15:00 +- | HOTEL ZENTRAL PARQUE/ RESIDENCIA UNIVERSITAS | LOCALIZACIÓN |
SAIDA AUTOBUS 2
HORA | DIRECCIÓN | PUNTO DE RECOLLIDA |
7:00 | CAMPO DA FEIRA DE PADRÓN | LOCALIZACIÓN |
7:45 | PONTEVEDRA (ROTONDA DA PONTE DA BARCA) | LOCALIZACIÓN |
8:15 | VIGO (ESTACIÓN DE TREN DE GUIXAR) | LOCALIZACIÓN |
9:25 | OURENSE (ESTACIÓN DE TREN) | LOCALIZACIÓN |
15:00+- | HOTEL ZENTRAL PARQUE /RESIDENCIA UNIVERSITAS | LOCALIZACIÓN |
Recordamos que se poderán ver todos os encontros a través da Canle da RFEVB, así coma consultar tamén toda información do CESA en cada categoría nas seguintes ligazóns:
- CESA Infantil Femenino 2023: https://www.rfevb.com/cesa-infantil-femenino-2023
- CESA Infantil Masculino 2023: https://www.rfevb.com/cesa-infantil-masculino-2023
- CESA Cadete Femenino 2023: https://www.rfevb.com/cesa-cadete-femenino-2023
- CESA Cadete Masculino 2023.: https://www.rfevb.com/cesa-cadete-masculino-2023
- Publicado en Competicións voleibol, Seleccións voleibol
Convocatoria Seleccións Galegas Vólei Praia

A Federación Galega de Voleibol fai oficial a primeira convocatoria das Seleccións Galegas Vólei Praia, relacionada cas categorías Sub 17 e Sub 19 e que terá lugar o vindeiro día 25 deste mes no recinto deportivo de Oira (Ourense).
O horario será conxunto , tendo xornada de mañán de 10:30 a 13:00 e de tarde de 17:00 a 19:30, onde os técnicos do vólei galego poderán evaluar os talentos do noso deporte en Galicia para confeccionar as listas dos xogadores e xogadoras que nos representarán no CESA.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para dous adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta concentración:

- Publicado en Seleccións vólei praia, Seleccións voleibol
Convocatoria oficial das Seleccións Galegas para a derradeira concentración antes do CESA

A Federación Galega de Voleibol comprácese en anunciar a convocatoria oficial das Seleccións Galegas para a derradeira concentración antes dos agardados Campionatos de España de Seleccións Autonómicas 2023, que se celebrarán do 29 de xuño ao 2 de xullo en Valladolid.
Esta concentración, que terá lugar en A Estrada, celebrarase os días 24 e 25 de xuño e servirá para últimar detalles de cara o CESA, así coma para perfilar definitivamente o listado dos xogadores e xogadoras que representarán á nosa comunidade.
Os horarios de entrada son os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino): entrada sábado 24 as 10:00 e saída domingo 25 as 17:00.
- Infantil (masculino e feminino): entrada sábado 24 as 12:00 e saída domingo 25 as 19:00.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para catro adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta segunda concentración:




- Publicado en Seleccións voleibol