Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
E-mail: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE Próximamente
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
    • PROCESO ELECTORAL
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓNPróximamente
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMATIVA
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • PROTOCOLOS COVID
    • FORMULARIOS
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
    • CLUBSPróximamente
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Inicio
  • 2023
  • julio
octubre 2, 2023

Month: julio 2023

Segunda proba da Copa Deputación da Coruña Vólei Praia en Rianxo

jueves, 27 julio 2023 por Comunicacion

Os nosos pequenos e pequenas do vólei praia teñen unha nova cita os vindeiros días 5 e 6 de Rianxo na praia de Tanxil, grazas á colaboración do Club Voleibol Rianxo, formalizando a segunda proba da Copa da Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores despois da proba celebrada en Cedeira que terá lugar esta fin de semana.

Destacamos e agradecemos a colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Rianxo, sen os cales este evento non sería posible. A súa entrega e apoio incondicional ao deporte local xogan un papel esencial na promoción do vólei praia en Galicia, que buscan fomentar o interese polo ocio activo entre os máis novos.

Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 2 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.

  • Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA

A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia, Vólei Praia Cat. Inferiores
No Comments

Convocatoria Seleccións Galegas Vólei Praia

miércoles, 26 julio 2023 por Comunicacion

A Federación Galega de Voleibol anuncia a convocatoria para a tan agardada Concentración das Seleccións Galegas de Vólei Praia nas categorías Sub 15 e Sub 17, que terá lugar na Praia de Ézaro, situada en Dumbría pernoctando no albergue da localidade.

Durante os días comprendidos entre o 31 de xullo e o 2 de agosto, talentosos xogadores e xogadoras Sub 15 e Sub 17 reuniranse nesta magnífica praia para participar na preselección das Seleccións Galegas de cara ao CESA 2023 de vólei praia.

O horario de incorporación será o seguinte:

  • Luns 31 de xullo: categoría masculina ás 9:30 a.m., categoría feminina ás 11:30 a.m.

No último día da concentración procederase de acordo co seguinte cronograma para a recollida dos xogadores/as:

  • Día 2 de agosto: Saída dos xogadores masculinos ás 6:00 p.m., Saída das xogadoras femininas ás 7:00 p.m.

Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para dous adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal. No caso de que algun xogador ou xogadora teña algun tipo de intolerancia alimenticia debe poñerse en contacto ca federación a través do teléfono de contacto 658 527 305.

A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta concentración:

Leer más
  • Publicado en Seleccións vólei praia, Vólei Praia Cat. Inferiores
No Comments

Arranca a Copa Deputación da Coruña Vólei Praia

martes, 18 julio 2023 por Comunicacion

Nun emocionante fin de semana de verán, os amantes do vólei praia galego poderán gozar da acción e do talento de xóvenes promesas nun emocionante circuito que comezará os días 29 e 30 de xullo en Cedeira. Os equipos alevíns, infantís, cadetes e sub 19 de toda Galicia enfrontaranse nunha competición chea de adrenalina na area, onde amosarán a súa destreza na cancha e demostrarán a súa paixón por este deporte.

Esta proba, organizada polo Club Deportivo Aldebarán, desenvolverase na praia de Magdalena sendo a primeira das probas desta Copa da Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores, que tamén chegará a Rianxo a comezos de agosto de 2023.

Destacamos a colaboración da Deputación da Coruña e o Concello de Cedeira, sen os cales este evento non sería posible. A súa dedicación e apoio ao deporte local son fundamentais para levar adiante iniciativas como esta, que promoven o deporte entre os máis novos. Agradecemos a súa participación e compromiso co vólei praia na nosa rexión.

Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 25 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.

  • Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA

A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia
No Comments

Comeza o Circuito Vichy Catalan Vólei Praia Galego 2023.

miércoles, 05 julio 2023 por Comunicacion

Un ano máis o Circuito Vichy Catalan Volei Galego volve ás praias da nosa Comunidade Autónoma. En colaboración ca marca de auga embotellada Vichy Catalan, as praias de Baltar, Samil e Riazor acollerán aos mellores xogadores do Vólei Praia galego neste circuito que xa se asentou nos veráns do noso voleibol.

Este Circuito Vichy Catalan Volei Galego está composto por dúas probas do Verán Deportivo ademáis do Campionato Galego de Vólei Praia de A Coruña. Os xogadores que participen por primeira vez no Circuito poderán ter a súa camiseta gratuíta na carpa de organización antes de comezar a proba indicando o seu nome, mentres que os xogadores e xogadoras veteranos/as do Circuito deberán levar obrigatoriamente as camisetas personalizadas entregadas pola organización nos dous anos anteriores.

As datas das probas serán:

  • 1ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Verán Deportivo Sanxenxo (15 de xullo).
  • 2ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Verán Deportivo Vigo Arena (29 de xullo).
  • 3ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Campionato Galego Senior A Coruña (19/20 de agosto.

A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a Vichy Catalan o seu compromiso co Vólei Praia Galego, apoiando o noso deporte un ano máis e facendo que os nosos/as deportistas poidan realizar o que máis lles gusta en entornos privilexiados como a costa galega.

Máis información da proba na seguinte ligazón.

Leer más
  • Publicado en Competicións vólei praia, Eventos FGVb
No Comments

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

SUBIR
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR