Celebrada a premiación dos clubs campións da tempada 2023 de vólei praia.

Aproveitando a celebración da terceira proba da Copa Deputación da Coruña de Vólei Praia en Rianxo, este domingo día 24 procedeuse á entrega de trofeos aos Clubs campións da tempada 2023. O Presidente da Federación, Don Jose Ángel Luna Bargo, recoñeceu o talento e o esforzo dos clubs ao largo das probas celebradas por toda Galicia, demostrando que o vólei praia goza dunha excelente saúde na nosa comunidade autónoma.
A relación de clubs premiados por categoría é a seguinte:
- Campión Alevín Feminino: Club Deportivo Padre Faustino.
- Campión Alevín Masculino: Club Ourense Volei Praia.
- Campión Infantil Feminino: Club Ourense Volei Praia.
- Campión Infantil Masculino: Club Ourense Volei Praia.
- Campión Cadete Feminino: Club Voleibol Rianxo.
- Campión Cadete Masculino: Club Volei Praia Vigo.
- Campión Sub19 Feminino: Asociación Deportiva Liceo.
- Campión Sub19 Masculino: Club Volei Praia Vigo.
- Campión Sub21 Feminino: Club Ourense Volei Praia.
- Campión Sub21 Masculino: Club Ourense Volei Praia.
- Campión Sénior Feminion: Club Volei Praia Vigo.
- Campión Sénior Masculino: Club Volei Praia Vigo.
Agradecemos a todos os participantes, colaboradores, árbitros, patrocinadores e institucións que fixeron do Volei praia no 2023 un éxito e seguimos co inicio desta nova tempada na que agardamos seguir mellorando o noso deporte.













Fotos: Pol Widdaxx
Presentación da XL Copa Galicia en Cambados

Hoxe tivo lugar no salón de actos do Concello de Cambados a presentación da XL Copa Galicia, ca asistencia de Noelia Gómez, Concelleira de deportes e mocidade de Cambados, Suso Bao do club local XAV Cambados e o Presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna Bargo.
A competición, feminina o sábado 23 e masculina o domingo 24, compartirá o mesmo esquema ao longo da fin de semana, deixando as dúas semifinais para a xornada de mañan (10:00 e 12:00 horas) e gran final para as 17:30.
O sábado, a competición feminina enfrontará na primeira semifinal da mañán ao Arenal Emevé contra o Conforgal Xuvenil Teis, quedando o enfrontamento do vixente Campión Autos Cancela Zalaeta contra o Aceites Abril Voley Ourense para as 12:00 horas.
O domingo será a quenda da competición masculina, que se abrirá co Arenal Emevé contra o Volei Dumbría no primeiro encontro, deixando a defensa do título por parte do Intasa San Sadurniño ante o Club Vigo Voleibol para as 12:00 horas.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer ao Concello de Cambados e ao club anfitrión, o XAV Cambados, a súa colaboración para a consecución deste evento, que comeza a celebración dos 40 anos do volei galego.



- Publicado en Competicións voleibol, Eventos FGVb
Terceira proba da Copa da Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores en Rianxo

Os nosos pequenos e pequenas do vólei praia teñen unha cita os vindeiros días 23 e 24 de setembro en Rianxo na praia de Tanxil, grazas á colaboración do Club Voleibol Rianxo, formalizando a terceira proba da Copa da Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores, iniciando así a tempada de praia 2023-2024. As quedas serán as habituais: sábado 23 de setembro Sub-19 e infantil, e domingo 24 alevín e cadete.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 19 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
- Publicado en Competicións vólei praia, Competicións voleibol