Esta fin de semana do 14 e 15 de agosto terá lugar o Campionato Galego Senior de Volei Praia, integrado no Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego do calendario de verán da FGVB.
A Competición Senior masculina e feminina, se disputarán ambas ao longo de sábado e domingo na Praia de Riazor e quedando ambas finais fixadas para o domingo pola mañán, continúa co proxecto «A Coruña é Volei Praia» que se iniciou ca Proba do Circuito Galego de Categorías Inferiores e que rematará ca celebración Campionato de España de Clubs de Volei Praia que comezará o luns 16 na mesma ubicación.
Para esta segunda proba do Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego se contará cunha inscripción de 30€ por parella, sendo o 100% das inscricións para premios quedando da seguinte forma o reparto:
- 1° Clasificado – 40% do total das inscricións
- 2° Clasificado -30% do total das inscricións
- 3° Clasificado -20% do total das inscricións
- 4° Clasificado -10% do total das inscricións
Recordamos que a inscrición das parellas deberá formalizarse por correo electrónico antes deste mércores 11 as 20:00 horas a través de correo@fgvb.es.