Arrincan a 4ª División e as 1ªs benxamín #voleigalego
miércoles, 11 noviembre 2026
by Comunicacion
Esta fin de semana, 14 e 15 de novembro, comezan a 4ª División e as competicións alevín e benxamín da Federación Galega de Voleibol. En total, 78 equipos de 25 clubs galegos disputarán 340 partidos oficiais ao longo da tempada 2026/2027
- Published in Competicións voleibol, Federación
Abertas as inscricións para un novo curso de adestrador nivel I na Coruña
martes, 10 noviembre 2026
by Comunicacion
A Federación Galega de Voleibol convoca un novo curso de adestrador de voleibol nivel I, que se celebrará no pavillón de Elviña (A Coruña) durante as fins de semana do 26 e 27 de decembro e do 2 e 3 de xaneiro.
- Published in Federación, Formación adestradores, Uncategorized
36 nomes do #voleigalego e #voleipraiagalego, na relación de deportistas de alto nivel e alto rendemento da Xunta
lunes, 26 octubre 2026
by Comunicacion
O Diario Oficial de Galicia publicou o 15 de outubro a relación vixente de persoas deportistas, técnicas, xuíces e árbitros con recoñecemento de alto nivel e alto rendemento. O voleibol e o vólei praia galegos contan con 35 deportistas e un técnico nesta listaxe
- Published in Competicións vólei praia, Competicións voleibol, Federación
Arranca a liga regular 2026/27: máis de 200 equipos e 1.700 partidos para a maior tempada do voleibol galego
miércoles, 14 octubre 2026
by Comunicacion
A Federación Galega de Voleibol pon en marcha as competicións de 1ª, 2ª e 3ª División Autonómica cunha cifra récord de 202 equipos en pista.
- Published in Competicións voleibol, Federación, Uncategorized
A Copa Federación 2026 xa ten novos campións e campioas e abre paso ao inicio da liga regular
martes, 13 octubre 2026
by Comunicacion
A competición copeira pechouse cunha gran participación e un alto nivel en todas as categorías de base.
- Published in Competicións voleibol, Federación, Uncategorized
Raquel López-Brea incorpórase ao Comité Técnico Galego de Árbitros da FGVB como responsable de formación e seguimento
martes, 06 octubre 2026
by Comunicacion
A galega asume a área de formación, avaliación, seguimento e coordinación arbitral co foco posto no acompañamento e desenvolvemento dos novos talentos.
- Published in Competicións voleibol, Federación, Formación árbitros
A FGVB convoca a primeira Xornada de Supervisión e Control de Voleibol en Pista da tempada 2026/27
lunes, 05 octubre 2026
by Comunicacion
A actividade, que abre o calendario de tecnificación do novo curso, desenvolverase o 12 de outubro en Rianxo, Quiroga, A Coruña e Noia e estará dirixida ás categorías infantil e cadete, cun traballo intensivo en dobre sesión de mañá e tarde.
- Published in Federación, Seleccións voleibol, Supervisión e control
O voleibol galego consolida o seu mapa estatal: 11 equipos competirán nas ligas nacionais a tempada 2026/27
martes, 29 septiembre 2026
by Comunicacion
A representación autonómica espállase por todas as categorías estatais, sumando un total de 11 conxuntos (6 masculinos e 5 femininos) que levarán o nome do #voleigalego por todo o territorio nacional.
- Published in Competicións voleibol, Federación, Uncategorized
O Arenal Emevé e o Intasa San Sadurniño revalidan o título e coroanse na Copa Xunta de Galicia 2026
lunes, 28 septiembre 2026
by Comunicacion
Ambos conxuntos repetiron os triunfos da pasada edición tras superar na final ao Autos Cancela Zalaeta na categoría feminina e ao Club Vigo Voleibol na masculina.
- Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación
A Coruña acollerá a Copa Galicia 2026 coa estrea das renovadas instalacións do Pavillón de Elviña a fin de semana do 26 e 27 de setembro.
lunes, 14 septiembre 2026
by Comunicacion
A emoción do máximo nivel do voleibol autonómico regresa a fin de semana do 26 e 27 de setembro coa disputa da Copa Galicia 2026. A Coruña será o epicentro da competición nun marco moi especial: a cita servirá como estrea oficial das instalacións recentemente renovadas do Pavillón de Elviña, que lucirá as súas mellores galas para coroar aos novos campións e campioas de Galicia.
O torneo reunirá aos principais referentes do voleibol galego nun formato de semifinais en quenda de mañá e a gran final pola tarde:
Categoría Feminina (Sábado, 26 de setembro)
10:30 h | Semifinal 1: Arenal Emevé – CV Ciudad de A Coruña
12:30 h | Semifinal 2: Autos Cancela Zalaeta – Aceites Abril Voleyourense
18:00 h | FINAL
Categoría Masculina (Domingo, 27 de setembro)
10:30 h | Semifinal 1: Intasa San Sadurniño – Arenal Emevé
12:30 h | Semifinal 2: Rotogal Boiro – Club Vigo Voleibol
18:00 h | FINAL
Entrada de balde e retransmisión en directo
A entrada ao Pavillón de Elviña será totalmente gratuíta e libre para todos os públicos ata completar capacidade. Ademais, para facilitar que toda a afección poida gozar do espectáculo, todos os encontros contarán con retransmisión oficial en streaming, permitindo seguir a competición tanto dende a bancada coruñesa como a distancia.
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos expresar o noso sincero agradecemento á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, polo seu constante apoio e colaboración para facer posible a celebración deste gran evento e seguir impulsando o voleibol galego de elite.
- Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación











