
A Federación Galega de Voleibol (FGVB) abre o prazo de inscrición para unha nova edición do curso de adestrador nivel I. A formación diríxese a todas aquelas persoas que queiran iniciarse no adestramento e obter a titulación oficial. Con esta convocatoria, a FGVB segue apostando por formar técnicos e técnicas en toda Galicia.
- Datas: 26 e 27 de decembro de 2026 e 2 e 3 de xaneiro de 2027
- Horario: de 10:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
- Sede: pavillón de Elviña, A Coruña
- Prezo: 125 €
O curso será en modalidade mixta (presencial+online) e impárteo profesorado especializado. Unha vez superada a parte teórica e práctica, para obter a titulación definitiva hai que realizar un período de prácticas adestrando a un equipo federado e rexistrado na FGVB.
Como inscribirse?
Hai que enviar o formulario G-13 (modelo II, de inscrición en curso de árbitro ou adestrador) a dtecnico@volei.gal antes do xoves 23 de decembro ás 19:00 h, acompañado do xustificante de pago.
O pagamento de 125 € realízase na seguinte conta bancaria:
Banco de Sabadell: ES71 0081 0499 6400 0137 8440




