

Seguindo co calendario establecido a Federación Galega de Voleibol, a través do seu departamento de Dirección Técnica, convoca a xogadores/as do volei galego para unha nova concentración das Seleccións Galegas no ano 2025.
O domingo 25 de maio en quenda de tarde, coma ven a ser habitual, os equipos infantil e cadete das nosas seleccións seguirán traballando conceptos e dinámicas de cara o vindeiro Campionato de España de Seleccións Autonómicas 2025.
Dende a Federación faise fincapé en que a competición oficial seguirá tendo prioridade tanto para deportistas como para clubs, polo que si un/unha xogador/a ten competición co seu equipo en esas xornadas, non terá problema para poder competir, e non afectará a futuras convocatorias.
As datas programadas para estas concentracións son as seguintes:
- ✅ Primeira data – 18 de maio 2025 – Rianxo (feminina) e San Sadurniño (masculino).
- Segunda data – 25 de maio 2025 – San Sadurniño (feminino) e Cambados (masculina).
- Terceira data – 8 de xuño 2025 – Quiroga (feminina y masculina).
- Cuarta data – 15 de xuño 2025 – Quiroga (feminina y masculina).
- Quinta data – 21-22-23 de xuño 2025 – Marín (feminina y masculina).
A continuación detallamos as listas de deportistas seleccionados por cada categoría, que terán lugar de 16:00 a 19:00 horas o vindeiro domingo 25 de maio no Pavillón Municipais de San Sadurniño e IES Ramón Cabanillas de Cambados.



