O Arenal Emevé e o Intasa San Sadurniño revalidan o título e coroanse na Copa Xunta de Galicia 2026
lunes, 28 septiembre 2026
by Comunicacion
Ambos conxuntos repetiron os triunfos da pasada edición tras superar na final ao Autos Cancela Zalaeta na categoría feminina e ao Club Vigo Voleibol na masculina.
- Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación
A Coruña acollerá a Copa Galicia 2026 coa estrea das renovadas instalacións do Pavillón de Elviña a fin de semana do 26 e 27 de setembro.
lunes, 14 septiembre 2026
by Comunicacion
A emoción do máximo nivel do voleibol autonómico regresa a fin de semana do 26 e 27 de setembro coa disputa da Copa Galicia 2026. A Coruña será o epicentro da competición nun marco moi especial: a cita servirá como estrea oficial das instalacións recentemente renovadas do Pavillón de Elviña, que lucirá as súas mellores galas para coroar aos novos campións e campioas de Galicia.
O torneo reunirá aos principais referentes do voleibol galego nun formato de semifinais en quenda de mañá e a gran final pola tarde:
Categoría Feminina (Sábado, 26 de setembro)
10:30 h | Semifinal 1: Arenal Emevé – CV Ciudad de A Coruña
12:30 h | Semifinal 2: Autos Cancela Zalaeta – Aceites Abril Voleyourense
18:00 h | FINAL
Categoría Masculina (Domingo, 27 de setembro)
10:30 h | Semifinal 1: Intasa San Sadurniño – Arenal Emevé
12:30 h | Semifinal 2: Rotogal Boiro – Club Vigo Voleibol
18:00 h | FINAL
Entrada de balde e retransmisión en directo
A entrada ao Pavillón de Elviña será totalmente gratuíta e libre para todos os públicos ata completar capacidade. Ademais, para facilitar que toda a afección poida gozar do espectáculo, todos os encontros contarán con retransmisión oficial en streaming, permitindo seguir a competición tanto dende a bancada coruñesa como a distancia.
Desde a Federación Galega de Voleibol queremos expresar o noso sincero agradecemento á Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, polo seu constante apoio e colaboración para facer posible a celebración deste gran evento e seguir impulsando o voleibol galego de elite.
- Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación
O Circuíto Provincial da Coruña de Vólei Praia 2026 pecha unha edición brillante tras o seu paso por San Sadurniño, Rianxo e Sada
jueves, 03 septiembre 2026
by Comunicacion
O Circuíto Provincial da Coruña de Vólei Praia de Categorías Inferiores 2026 puxo o punto final a unha tempada estival cargada de competición, aprendizaxe e talento novo sobre a area. A iniciativa federativa, organizada co impulso da Deputación da Coruña, percorreu diferentes puntos estratéxicos da provincia levando o mellor vólei praia de base ás categorías alevín, infantil, cadete e sub-19.
- Published in Competicións vólei praia, Eventos FGVb, Vólei Praia Cat. Inferiores
Convocatoria do Curso de Árbitro de Voleibol Nivel II – Setembro 2026
jueves, 27 agosto 2026
by Comunicacion
A formación será impartida por colexiados de Nivel III con experiencia en competicións autonómicas e estatais.
- Published in Eventos FGVb, Federación, Formación árbitros, Uncategorized
A Coruña despide dúas semanas do mellor vólei praia coa celebración do Campionato Galego e o Circuíto Nacional en Riazor
lunes, 20 julio 2026
by Comunicacion
A praia de Riazor puxo o broche de ouro a dúas semanas consecutivas do máis alto nivel de vólei praia coa disputa do Campionato Xunta de Galicia Sénior e o Trofeo Cidade da Coruña (1*), proba integrada no Circuíto Nacional de Vóley Playa (CNVP)
- Published in Competicións vólei praia, Eventos FGVb, Vólei Praia Senior
A Federación Galega de Voleibol convoca a súa XL Asemblea Xeral Ordinaria en A Coruña
martes, 07 julio 2026
by Comunicacion
A Federación Galega de Voleibol (FGVb) celebrará a súa XL Asemblea Xeral Ordinaria o próximo 18 de xullo no Salón de Actos do Complexo Deportivo de Elviña, situado na Praza de Agustín Díaz número 1, en A Coruña. A reunión está programada para as 09:30 horas en primeira convocatoria e as 10:00 horas en segunda convocatoria.
- Published in Eventos FGVb, Federación
Éxito organizativo e de xestión da Federación Galega de Voleibol no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026 de Lugo.
lunes, 06 julio 2026
by Comunicacion
A Federación Galega de Voleibol (FGVB) pechou de xeito sobresaínte a organización do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, celebrado recentemente na cidade de Lugo.
- Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación
Abertas as inscricións para o Campionato Xunta de Galicia Sénior de Vólei Praia 2026
miércoles, 01 julio 2026
by Comunicacion
Esta fin de semana do 11 e 12 de xullo terá lugar o Campionato Galego Senior de Volei Praia, comezo do proxecto A Coruña é Vólei Praia 2026, que continuará ca celebración da proba Torneo Cidade da Coruña 1* do Circuito Nacional de Vóley Playa.
- Published in Competicións vólei praia, Eventos FGVb, Vólei Praia Senior
Galicia xa ten os seus guerreiros e guerreiras para o CESA 2026.
lunes, 22 junio 2026
by Comunicacion
Tras meses de intensa preparación, a Federación Galega de Voleibol programa a última e definitiva concentración oficial dos combinados de base, que nesta ocasión estenderase ao longo de toda a fin de semana do sábado 20 e domingo 21 de xuño.
- Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Seleccións voleibol
Conta atrás en Lugo: O Pazo de Feiras e Congresos lidera a montaxe dun CESA de Voleibol histórico que mobilizará a miles de persoas
miércoles, 17 junio 2026
by Comunicacion
Falta pouco máis dunha semana para que a cidade de Lugo se converta no centro do deporte base nacional
- Published in Eventos FGVb, Federación, Seleccións voleibol











