Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
Email: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE
    • CONTACTO
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
      • ESTRUCTURA ORGANIZATIVA
      • MARCO NORMATIVO
        • LEXISLACIÓN APLICABLE
        • ESTATUTO
        • REGULAMENTOS
        • NORMAS DE XOGO
      • INFORMACIÓN ECONÓMICA
        • CONTAS ANUAIS
        • PRESUPOSTO
        • CONTRATOS
        • CONVENIOS
        • SUBVENCIÓNS
        • RETRIBUCIÓNS
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • REDE #VOLEIGALEGO
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMAS DE XOGO
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • FORMULARIOS
    • PROTOCOLOS VIOLENCIA NO DEPORTE
  • TENDA
    • SELECCIÓNS
    • ÁRBITROS
  • ELECCIÓNS 2026
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Home
  • NOVAS
  • Competicións voleibol
  • Éxito organizativo e de xestión da Federación Galega de Voleibol no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026 de Lugo.

Éxito organizativo e de xestión da Federación Galega de Voleibol no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026 de Lugo.

Éxito organizativo e de xestión da Federación Galega de Voleibol no Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026 de Lugo.

by Comunicacion / lunes, 06 julio 2026 / Published in Competicións voleibol, Eventos FGVb, Federación

A Federación Galega de Voleibol (FGVB) pechou de xeito sobresaínte a organización do Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) 2026, celebrado recentemente na cidade de Lugo. O evento supuxo un dos maiores retos loxísticos e de xestión da historia recente da federación autonómica, consolidando a Galicia como un referente organizativo de primeiro nivel no panorama do voleibol nacional de base.

Coordinar un torneo de tales dimensións esixiu un despregamento humano e técnico sen precedentes para acoller as catro categorías en liza (Infantil e Cadete, tanto masculinas como femininas). Para responder ás esixencias da competición, o comité organizador habilitou un total de 4 pavillóns deportivos distribuídos pola cidade, nos que se instalaron 16 pistas de xogo simultáneas de xeito permanente, 9 de elas creadas desde cero.

A magnitude do campionato reflíctese de xeito directo nas súas cifras de participación, reunindo en Lugo a máis de 1.200 deportistas e técnicos procedentes de todas as comunidades autónomas. Para garantir o correcto desenvolvemento deportivo do evento, a federación coordinou un amplo dispositivo humano que incluíu a 50 árbitros oficiais en pista, aos que se sumou un equipo humano de organización para dar cobertura á loxística, estatísticas e control de accesos.

Excelentes resultados na enquisa de satisfacción das delegacións

Como parte do compromiso da Federación Galega de Voleibol coa mellora continua e a calidade organizativa, tras a finalización do torneo realizouse unha exhaustiva enquisa de satisfacción entre as delegacións participantes, cuns resultados finais que ratifican o éxito de xestión:

  •  Valoración global: O evento obtivo unha puntuación media global de 7.23 sobre 10.
  •  Expectativas: O 88,5% das respostas indicaron que o campionato cumpriu con todas as súas expectativas a nivel de evento.
  •  Calidade comparada: O 88,5% dos participantes afirmou que a organización en Lugo foi superior á de torneos similares celebrados noutras comunidades.
  •  Prescrición: Un rotundo 96,2% das delegacións enquisadas declarou que recomendaría a experiencia e a asistencia a este evento a un amigo.

Estes indicadores reflicten de xeito obxectivo o grao de excelencia alcanzado e o alto grao de satisfacción dos equipos respecto aos servizos de competición, aloxamento e atención recibida na cidade.

Agradecemento institucional

Desde a Federación Galega de Voleibol quese facer un recoñecemento público e mostrar o máis sincero agradecemento ás institucións cuxo apoio resultou estratéxico e fundamental para sacar adiante un reto desta envergadura. A implicación activa do Concello de Lugo, da Xunta de Galicia e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo demostrou que a colaboración entre entidades é a ferramenta clave para situar ao deporte galego na elite nacional.

O seu respaldo técnico, económico e loxístico fixo posible que o CESA 2026 sexa recordado como un fito organizativo impecable, deixando ademais un impacto económico e deportivo moi positivo na provincia e en toda a comunidade autónoma.

  • Tweet

About Comunicacion

What you can read next

A FGVB adxudica as becas técnicas da tempada 2025-26
Presentación da XL Copa Galicia en Cambados
A loita polos Campionatos Galegos 21/22 arranca en San Sadurniño e Monforte

Categories

  • Campionatos Galegos PB/BE + Copa Alevín
  • Competicións vólei praia
  • Competicións voleibol
  • Desenrolo e formación
  • Entrevistas
  • Eventos FGVb
  • Federación
  • Formación adestradores
  • Formación árbitros
  • Seleccións vólei praia
  • Seleccións voleibol
  • Supervisión e control
  • Uncategorized
  • Vólei Praia Cat. Inferiores
  • Vólei Praia Senior

© 2015. All rights reserved. Buy Kallyas Theme.

TOP
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR