
A praia fluvial de A Granxa, en San Sadurniño, converterase os vindeiros 18 e 19 de xullo no epicentro do volei praia galego. O vindeiro fin de semana desputaranse as categorías infantil e cadete, correspondentes á segunda proba do Circuíto Provincial da Coruña de Vólei Praia de Categorías Inferiores. Ademais do título provincial, a cita é clave no calendario, xa que é puntuable tanto para o Campionato Galego como para o de España.
Unha oportunidade perfecta para que os máis novos desfruten do deporte e da alta competición nun ambiente inmellorable. O esforzo dos novos atletas terá tamén recompensa en forma de premios: os catro equipos finalistas de cada categoría recibirán a camiseta oficial do torneo, mentres que as parellas gañadoras levarán un cheque de 100€ para gastar na tenda especializada Volabola.
Horarios e Categorías
- Sábado (18 de xullo): categoría cadete
- Domingo (19 de xullo): categoría infantil.
Información de Inscrición
- Coste de inscrición: 15 € por participante.
- Formato de competición: Determinarase segundo o número final de inscritos.
- A inscrición farase a través da plataforma do torneo.
Outras consideracións importantes:
- Data límite para inscribir: martes, 14 de xullo.
- Non haberá límite de equipos inscritos por categoría.
- Os xogadores de calquera equipo non poderán estar inscritos en dúas categorías diferentes para o mesmo día.
Agradecementos
A Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas ao Concello e club local pola súa axuda para que o vólei praia siga a medrar na nosa comunidade, así coma á Deputación da Coruña polo seu apoio incondicional neste proxecto.




