A Secretaría Xeral para o Deporte autorizou á Federación Galega de Voleibol á práctica deportiva sen mascara no caso dos xogadores e xogadoras maiores de 12 anos que acrediten a súa participación mediante certificado de vacinación con pauta completa ou test previo.
Ao longo desta semana, dende o anuncio de que a Xunta permitiría medidas de protección fronte a Covid-19 alternativas ao uso da máscara para os maiores de 12 anos no deporte galego federado, a Federación Galega de Voleibol comezou o traballo de adaptar o seu Protocolo FISICOVID – DXTGalego para que os seus deportistas de pista e praia puideran competir sen ter que recurrir a esta prevención obrigatoria ata o momento.
Despois das reformas pertinentes nos protocolos, a súa aceptación tras varias consultas polo máximo organismo galego e tendo en conta a mellora dos bos datos que amosa Galicia na xestión da pandemia, a Federación Galega de Voleibol autoriza finalmente aos xogadores e xogadoras maiores de 12 anos a adestrar e competir sen máscara facial sempre e cando teñan a pauta completa de vacunación e o poidan acreditar mediante certificado de vacinación ou a realización dun test seguindo as indicacións do Protocolo FISICOVID da FGVB.
Agradecemos o esforzo e colaboración de todos os clubs, xogadores, adestradores e familiares que durante todo este tempo respectaron os protocolos da FGVB e recordamos que todavía estamos lonxe de rematar, polo que pedimos a máxima responsabilidade de cara á estas novas normas para poder desfrutar do noso deporte.
Pode consultar os novos protocolos no apartado de descargas desta mesma páxina web.