A Estrada segue crecendo no panorama do volei. Despois da creación do primeiro equipo de voleibol nesta tempada 21-22, onde un grupo de xóvenes do lugar comezou a practicar o seu deporte favorito grazas ao traballo conxunto entre Concello, Federación Galega e o CV Bruxas, a localidade galega acollerá este decembro unha concentración de
dúas seleccións nacionais sub 16 de voleibol.
A Selección Española Sub-16 e a Selección Portuguesa Sub-16 realizarán unha concentración do 26 ao 30 de decembro en A Estrada co fin de preparar o Torneo WEVZA que xogarán en Bélxica do 4 a 9 de xaneiro de 2022, e onde se enfrentarán as seleccións de Holanda, Bélxica, Francia, Alemaña e Italia.
Hoxe tivo lugar na Sala de Xuntas do Concello de A Estrada a presentación do evento, á que acudiron D. Jose Ángel Luna Bargo – Vicepresidente da RFEVB e Presidente da FGVB e D. José López Campos – Alcalde do Excmo Concello de A Estrada.
Durante a rolda de prensa de presentación ante os medios ambas entidades recoñeceron a boa relación que está a permitir que o deporte do voleibol siga gañando peso na localidade, que xa conta cun grupo de rapaces e rapazas de tódalas idades que segue a medrar grazas ao esforzo conxunto do Concello, Federación e o club local.
O Presidente da FGVB comentou que «o interese polo voleibol arraigou en A Estrada. Dende a Federación esperamos que siga medrando e ver ao equipo en competición oficial de cara o ano que ven. Iniciativas como este Torneo axudan a consolidar este deporte na zona e o apoio que nos está a amosar este Concello é fundamental para así sexa».
Do mesmo xeito, D. José López Campos, Alcalde do Excmo Concello de A Estrada, expresou que «pouco a pouco imos incorporando deportes no noso Concello. De un grupo de 8 nenos e nenas prendeuse unha semilla que fai medrar as Escolas Deportivas Municipais ca incorporación dun deporte que non tiña presenza ata o momento. Agradecemos o compromiso da Federación Galega de Voleibol para dar a posibilidade de celebrar un evento destas características e agardamos que sirva como aliciente para motivar aos rapaces e rapazas a practicalo e transmitir os valores do deporte.»
O día domingo 26 de decembro comezará a concentración, ca chegada das seleccións nacionais española e portuguesa, que convivirán durante 5 días en A Estrada desputando dous partidos amigables e dous partidos oficiais entre elas, ademáis dos seus respectivos adestramentos de preparación no Pavillón local Coto Ferreiro.
A asistencia aos partidos oficiais será gratuita e baixo limitacións de aforo da instalación, quedando a asistencia aos adestramentos e partidos amigables suxeita a demanda baixo solicitude á dirección de correo electrónico adestradores@volei.gal.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer ao Concello de A Estrada a súa axuda para a celebración deste evento, así coma a confianza da RFEVB para realizar unha importante concentración previa a unha competición oficial.
O programa desta concentración inclúe:
Domingo 26
- Adestramento Portugal 17-19 H
- Adestramento España 19-21 H
Luns 27
- Adestramento Portugal 10-12 H
- Adestramento España 12-14 H
- Partido amigable 18:30 H
Martes 28
- Adestramento Portugal 10-12 H
- Adestramento España 12-14 H
- Partido amigable 18:30 H
Mércores 29
- Adestramento Portugal 10-12 H
- Adestramento España 12-14 H
- Partido oficial ESPAÑA VS PORTUGAL U-16 19:00 H
Xoves 30
- Partido oficial ESPAÑA VS PORTUGAL U-16 12:00 H