O Concello de A Estrada acolleu do 26 ao 30 deste mes as concentracións das Seleccións Nacionais U16 de España e Portugal, onde as mellores xogadoras da categoría de cada país adestraron durante 5 días no Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro.
Como preparación do WEZVA que se desputará a partir do día 5 de xaneiro, os dous conxuntos estiveron desfrutando das instalacións dos estradenses, chegando a celebrar dous partidos oficiais os días 29 e 30 que fixeron as delicias dun público que se volcou cos dous equipos ao desfrutar un voleibol de gran nivel.
Os dous conxuntos foron recibidos polo Alcalde do Excmo. Concello de A Estrada, D. José López Campos, que agasallou cun recordo local do evento aos seleccionadores e presenciou o espectáculo deportivo que nos deixaron tanto locais coma visitantes. No plano estrictamente deportivo, os encontros decantáronse polo lado visitante por 1-3 e 2-3, pero sendo desputado cada punto ca emoción que desprende un partido internacional de carácter oficial.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a predisposición e o bo facer do Excmo. Concello de A Estrada, que a través do seu persoal fixo posible este gran evento que afianza a presenza do noso deporte na zona, e que estamos seguros de que é a continuación dun gran proxecto a longo prazo entre ambas entidades.