Os máis pequenos do noso deporte comezan a súa competición este sábado día 21 en Narón. A Federación Galega de Voleibol levará a cabo 4 probas do Campionato Galego Prebenxamín e Benxamín xunto ca Copa Alevín, que se suma como competición oficial á liga regular que comezou esta categoría na tempada 21-22.
Este campionato desenvolverase nas catro provincias, tendo como datas e localizacións as seguintes:
- 22/01/2022 – Narón.
- 19-20/02/2022 – Lugar da Provincia de Lugo por confirmar
- 02/04/2022- Ourense.
- 23/04/2022- Pontevedra.
A primeira das probas terá lugar a vindeira fin de semana en Narón da man do Club Voleibol Narón-Volea , nos pavillóns de A Solaina e Campo da Serra, que acollerán os primeiros encontros dunha competición moi especial para os pequenos deportistas do volei galego que volverán a competir en pista despois das probas realizadas en herba o ano pasado debido á pandemia.
Para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 na categoría Alevín e de 3 ata 5 xogadores/as na Benxamín e Prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 antes do próximo martes ás 20:00 horas a correo@volei.gal , co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.