A segunda proba do ano puntuable para o Campionato Galego e o Ranking Nacional de Volei Praia disputarase o próximo 20 de febreiro en Ourense.
As categorías masculina e feminina voltarán a Oira, limitada a 12 parellas por categoría e con data máxima para poder inscribirse o martes 15 de febreiro ás 12:00 h. A orde de entrada estará regulada polos puntos que cada parella teña acumulados na clasificación nacional o día 15 de febreiro de 2022.
Os participantes deberán seguir as indicacións recollidas neste enlace onde se amplía a información, tendo como teléfono de contacto o 646923389 ou ben o correo electrónico cvpmilenio@gmail.com e cubrindo a inscrición proporcionado polos organizadores .