A celebración da XLVII Copa de SM La Reina Iberdrola, celebrada en Lugo do 11 ao 13 de febreiro, finalizou con éxito deportivo e organizativo para o Club Arenal Emevé e o Volei Galego.
A cidade de Lugo acolleu durante 3 días unha competición nacional con tódalas garantías sanitarias, ademáis de contar cun gran despliegue organizativo que volveu a posicionar ao voleibol galego coma referente do país, contando con espectáculo deportivo, fan zone, actividades de animación e unha resposta de público inmellorable por parte dos/as galego/as.
No aspecto deportivo, as loitadoras do Arenal Emevé fixeron historia demostrando a súa entrega e calidade como equipo, chegando ata a súa primeira final despois de vencer no camiño a OSACC Haro Rioja Vóley e Kiele Socuéllamos nos encontros desputados venres e sábado.
Na gran final de domingo caería ante Sanaya Libby´s La Laguna Club Voleibol Haris, pero despois de facer unha exhibición como bloque ao loitar cada punto ante un Municipal que nunca deixou de animar ao seu equipo e completou aforo según a normativa vixente chegando ata 1600 espectadores.
Dende a Federación Galega de Voleibol queremos felicitar a todos os estamentos do Club Arenal Emevé tanto pola organización do evento coma polo resultado deportivo, que fixo vibrar durante esta fin de semana non só ao volei galego, senón tamén ao voleibol nacional.
A entrega de premios da gran final foi presidida polas seguintes autoridades: Don Agustín Martín Santos (Presidente da RFEVB), Doña Lara Méndez (Alcaldesa do Concello de Lugo), Don José Ramón Lete (Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia), Don Pablo Rivera (Vicepresidente da Deputación de Lugo), Don José Ángel Luna (Presidente da Federación Galega de Voleibol) e Don Edward Elliot (Representante de Iberdrola).