A Federación Galega de Voleibol, a través da Escola Galega de Adestradores,
fixo pública a pasada semana a convocatoria dunha nova iniciativa para os
nosos/as técnicos/as.
Co obxectivo de fomentar a participación de técnicos/as galegos/as nas
expedicións que acompañarán as Seleccións Galegas nos vindeiros CESA do 30
xuño ao 3 de xullo de 2022, 4 deles participaran activamente cos nosos
equipos grazas á creación das Becas CESA Volei Galego.
Trala recepción dun gran número de candidaturas, o Departamento de Dirección
Técnica avaliou aos solicitantes en base a un baremo de criterios
obxectivos, resultando elixidas as catro candidaturas con maior puntuación,
que foron os seguintes técnicos/as, cos que se poñerá en contacto a Escola
Galega de Adestradores nos vindeiros días:
– ISMAEL MARTINEZ BLANCO 52 puntos
– HECTOR MATILLA MOSQUERA 48 puntos
– RAQUEL CAMESELLE DAFONTE 45 puntos
– XABIER LARRAÑAGA LEDO 44 puntos
Suplente:
– ALEJANDRO RODRÍGUEZ LEONE 42 puntos