O Presidente da Federación Galega de Voleibol, Jose Ángel Luna Bargo, convocou aos clubs do voleibol galego a asistir o día 2 de abril á XXXIV Asemblea Xeral Extraordinaria que se celebrou no Salón Ourense do Hotel Tryp Santiago, sito na Rúa do Restollal, número 24, de Santiago de Compostela.
Ca primeira convocatoria marcada ás 11 e ás 11:30 a segunda, os/as representantes dos clubs de voleibol da nosa comunidade asistiron á reunión na que se repasou a actualidade relacionada co noso deporte en Galicia.
A Asemblea contou ca seguinte orde do día, que se levou a cabo con total normalidade:
- Aprobación, se procede, da Acta da reunión anterior, celebrada en Santiago o 3 de xullo de 2021.
- Presuposto do exercicio 2022.
- Normas de competición para a temporada 2021-2022.
- Asuntos varios.
- Rogos e preguntas.
Unha vez rematada, procedemos a enumerar os acordos aprobados ao longo da reunión polos representantes dos diferentes estamentos do voleibol galego:
- Aprobada a acta anterior.
- Aprobado(ratificado) o orzamento 2022 por un importe de 413.000€.
- Aprobado (ratificado) os cambios de datas das Fases Finais, intercambiando as datas das Fases Finais xuvenil cas da categoría infantil e as datas das Fases Finais cadete cas da categoría alevín.
- Aprobado o cambio de tarifas arbitrais de vólei praia igualando así cas establecidas pola RFEVB.
- Aprobado (engadido) Anexo I NN. XX. vólei praia.
Acordouse tamén convocar unha reunión de traballo telemática con todos os clubs, para o día 30 de abril, co obxectivo de definir o novo formato das competicións para a temporada 2022-2023.