Chegou o momento máis esperado polos deportistas e afeccionados do noso deporte en Galicia. Despois da temporada regular e os cruces para decidir os catro mellores equipos galegos de cada categoría, as Fases Finais dos Campionatos Galegos comezan a súa andaina para coñecer aos campións e campioas da tempada 21/22.
Comezando ca categoría infantil esta fin de semana en San Sadurniño (infantil masculino) e Monforte (infantil feminino), deixamos a continuación un resumo das datas en orde cronolóxico por cada categoría, celebrándose as competicións masculinas o sábado e as femininas o domingo e pendentes de lugar de celebración en función das candidaturas que se está a recibir a Federación.
O voleibol galego contará de novo ca colaboración con Gadis, marca que aposta un ano máis polo noso deporte colaborando activamente no patrocinio e á que a Federación Galega de Voleibol agradece unha vez máis o seu apoio no fomento do noso deporte.
Toda a sorte para os/as nosas deportistas, que estamos seguros de que brindarán un gran espectáculo a todos/as os asistentes durante esta competición que pecha a tempada de pista 21/22 na nosa comunidade autónoma.