O vindeiro domingo 19 de xuño celebrarase en Oira a segunda Xornada de Supervisión e Control de Volei Praia desta temporada 2022.
Os xogadores e xogadoras galegos poderán desfrutar dunha nova experiencia na que compartir coñecementos do deporte do volei praia entre eles/as, supervisados polos técnicos da FGVB nas dúas pistas habilitadas no Complexo Deportivo de Oira.
Estarán destinadas ás categorías cadete e infantil (cun límite de 15 persoas por categoría) e os seguintes horarios tendo en conta o parón incluido para comer:
- Infantil feminino e masculino: 10 a 12 e de 16 a 18.
- Cadete feminino e masculino: 12 a 14 e de 18 a 20.
Para a inscripción nestas xornadas deberase cumprimentar o formulario dispoñible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 20€ no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A. Para formalizar esta inscrición deberase enviar o xustificante de pago e o formulario a adestradores@volei.gal antes do xoves 16 as 18:00 horas.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas de Supervisión e Control