Os vindeiros días 14, 15,16 e 17 o Concello de Dumbría celebrará o Campeonato de España de categoría cadete de clubs, ubicado na praia do Ézaro. Esta proba, que abre os Campeonatos de España de clubs de Vólei Playa, acollerá a un total de 53 equipos de toda a xeografía española, sendo 21 na categoría masculina e 32 na femenina.
Despois de acoller a primeira proba do Circuito Galego de Vólei Praia de Categorías Inferiores os días 2 e 3 de xullo, Dumbría será de novo a sede dun campionato nacional de vólei praia, algo recurrente dende fai máis dunha década na localidade.
Representando ao Volei Galego estará o Vóley Dumbría, Club Ourense Vólei Praia, Club Vólei Praia Vigo, CV Riveira y CV Pontevedra no cuadro masculino e Vóley Dumbría, AD Liceo, CV Rianxo e Club Ourense Vólei Praia no feminino, este último como reserva.
A competición está prevista que comece este xoves pola mañán na categoría femenina e pola tarde a masculina, xogando nas 4 pistas instaladas no Ézaro, e quedando reservado o domingo para as semifinais e finais que decidirán os/as campións/campioas nacionais.