O proxecto A Coruña é Vólei Praia 2022 remata esta fin de semana do 6 e 7 de agosto en Riazor ca celebración do Trofeo Cidade da Coruña.
Un ano máis a cidade galega acolle a celebración dunha proba de ámbito estatal, tras recibir o ano pasado a primeira edición do Campeonato de España de Clubs de Vóley Playa, no que a gran acollida de público e participantes propiciou unha nova edición desta iniciativa entre o Concello da Coruña e a Federación Galega de Voleibol.
Despois de albergar dúas probas autonómicas, o Campionato Galego de Vólei Praia de Categorías Inferiores e o Campionato Galego Sénior, A Coruña toma o relevo de Ribadesella, Madrid e Gran Canaria no Circuito Nacional de Vóley Playa acollendo a primeira das dúas probas que se realizarán en terras galegas durante este verán de 2022.
31 partidos a desputar entre as 15 parellas femininas e as 19 masculinas inscritas encherán de novo a praia de Riazor de Vólei Praia, esta vez modificando a localización para ubicar as dúas pistas xunto á Coraza do Orzán.
Esta proba, catalogada como 1* no CNVP, achegará a Riazor ás mellores parellas do Vólei Praia nacional durante dous días de competición, celebrando o sábado as rondas clasifitorias dende as 09:00 horas e deixando para o domingo os cuartos de final, semifinais e finais, estas últimas a partir das 18:00 horas.
Pode consultar toda a información do Torneo na seguinte ligazón.