O Presidente da Federación Galega de Voleibol, D. Jose Ángel Luna Bargo, convocou á XXXVI Asemblea Xeral Ordinaria da Federación Galega de Voleibol, que terá lugar, o próximo sábado 10 de setembro, ás 09:00 horas en primeira convocatoria e as 09:30 horas en segunda convocatoria, no Salón Ourense do Hotel Tryp Santiago, sito na Rúa do Restollal, número 24, de Santiago de Compostela, co seguinte Orde do día da Asemblea Ordinaria:
- Aprobación, se procede, da Acta da reunión anterior, celebrada en
Santiago o 2 de abril de 2022. - Informe do Presidente da Federación Galega de Voleibol.
- Peche do exercicio 2021.
- Programas de actuación da FGVb.
- Normas de competición para a temporada 2022-2023.
- Asuntos varios.
- Rogos e preguntas.