Federación Gallega de Voleibol
Copyright © 2021 FGVB. Todos los derechos reservados. Desarrollado por TOOOLS.

Federación Gallega de Voleibol

Federación Gallega de Voleibol

Tfno: (+034) 981 134 453
E-mail: correo@volei.gal

Federación Gallega de Voleibol
Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña. 15008 – A Coruña.

  • FEDERACIÓN
    • SAÚDO DO PRESIDENTE Próximamente
    • CONTACTO
    • PRÓXIMOS EVENTOS
    • ORGANOS DE GOBERNO
    • TRANSPARENCIA
    • PROCESO ELECTORAL
    • LISTADO CLUBS
    • IMAXE CORPORATIVA
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
    • VOLEIBOL
    • VÓLEI PRAIA
      • VÓLEI PRAIA SENIOR
      • VÓLEI PRAIA CATEGORÍAS INFERIORES
    • VÓLEI NEVE Próximamente
    • OUTRAS COMPETICIÓNS
      • Campionato PB/B/Al
    • SELECCIÓNS GALEGAS
  • ÁRBITROS
    • COMITÉ TÉCNICO GALEGO DE ÁRBITROS
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓN
  • ADESTRADORES
    • ESCOLA
    • FORMACIÓNS
    • DOCUMENTACIÓNPróximamente
  • DESCARGAS
    • REGULAMENTOS
    • NORMATIVA
    • CIRCULARES
    • ESTATUTO
    • SEGURO DEPORTIVO
    • MODELOS OFICIAIS
    • PROTOCOLOS COVID
    • FORMULARIOS
  • TENDA
    • SELECCIÓNSPróximamente
    • ÁRBITROSPróximamente
    • CLUBSPróximamente
AFILIACIONÁreas Privadas
  • Inicio
  • NOVAS
  • Entrevistas
  • Entrevista a Manolo Martínez, distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2022

Entrevista a Manolo Martínez, distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2022

martes, 04 octubre 2022 / Publicado en Entrevistas, Federación

Entrevista a Manolo Martínez, distinción ao Mérito Deportivo de Galicia 2022

(Foto: Roi Fernández/ La Voz de Galicia)

Mañán día 5 de outubro, na Igrexa de San Domingos de Bonaval en Santiago de Compostela, Manolo Martínez recibirá a Distinción ao Mérito Deportivo da Xunta de Galicia. O Monfortino, que leva máis de 40 anos adicados ao deporte na nosa comunidade e en especial ao voleibol, fai un repaso ca FGVb da súa traxectoria e o que supón este galardón.

  • O primeiro parabéns pola Distinción ao Mérito Deportivo 2022, un galardón máis que merecido pola túa traxectoria. Supoño que estarás a recibir moitas felicitacións, como estás a vivir todo isto?

Moitas grazas tamén a vós, porque sen a faceta organizativa da Federación esto non tería chegado.

En canto as felicitacións, estou sorprendido pola repercusión que provocou a través das redes sociais, xa que moitas persoas do volei de finais e principios de século, apareceron de novo na miña vida para darme estes parabéns; o que fixo que unha vez máis eses amigos estén presentes e me recorden os bos momentos que pasamos co volei por todo Estado. Mesmamente a moitísimas persoas de todo Galicia e en especial de Monforte.

  • Falemos dos teus inicios. Como foi o teu primeiro contacto co mundo do voleibol? Sabemos que comezaches no mundo do fútbol…

Os meus comenzos no deporte, unha vez rematado o INEF en Madrid foi o fútbol, xa que había cursado esta especialidade na carreira. Primeiro o fora como xogador e logo como adestrador en diferentes equipos, de iniciación atá a Rexional Preferente.

Logo a través do Instituto e a petición dunhas rapazas que no colexio fixeran voleibol no deporte escolar, pedíronme facer un equipo e aí foi o cerne do comenzo no noso deporte.

  • Recordas o teu primeiro partido como adestrador? Que cambiaches na túa forma de adestrar ao longo dos anos?

Non recordo o primeiro partido, anque sei que foi en escolares. Cambiei moitas cousas. Pensa que dende un coñecemento mínimo das bases técnico-tácticas no INEF, pasei a enfrontarme con sistemas tácticos moito máis avanzados.

Por todo elo eu tiven que pasar a facer o Título Nacional e con elo coñecer os últimos sistemas, e no que marcou en min unha impronta o entoces seleccionador masculino de España, o cubano Gilberto Herrera coas suas marabillosas ensinanzas técnicas e tácticas saídas naquel entón da Escola Cubana.

Esto e a cantidade de cursos de especialización realizados, deu lugar a estar sempre na élite das novas correntes que foron aparecendo e que na medida do posible intentei trasladar a miña labor como adestrador.

  • Cal foi o maior reto acadado no voleibol? De que te sintes máis orgulloso despois de tanto tempo?

O reto maior foi conquerir que Monforte fora unha Cidade na élite do Voleibol de España, e principalmente chegar a elo.

Pero non podo esquecerme da introducción do volei feminino na Cidade, onde unha muller podía empezar e rematar a súa vida deportiva facendo voleibol, de aí que tantas rapazas practicaran e practiquen voleibol en Monforte.

E por suposto a consecución de tres Campionatos de España de categorías Xuvenil e Cadete acadadas como adestrador.

  • Botando a vista atrás, como viviches todo o camiño? que balance fas de tantos anos no mundo do voleibol?

Recordos imborrables, de amigos feitos en toda España. Dende xogadoras, adestradores, directivos, Presidente e membros federativos. O coñecer práticamente a todo mundo que se moveo no voleibol galego e ver durante bastantes anos o Pavillón Municipal da Pinguela ateigado de xente.

  • De quen te acordas? Que apoios consideras  fundamentais en todos estes anos?

De moita xente que traballamos cóbado con cóbado para levar esto adiante. Xogadoras, directivos, afección: ao igual que o apoio de moitas persoas en distintas administracións que sempre che deron ese plus para ir para adiante.

De toda aquela xente que xuntos conquerimos traer Campionatos de España, Copas da Raiña, Campionatos Galegos, un Preuropeo Junior e ata un Internacional Masculino absoluto España-Cuba.

  • Como valoras o voleibol galego na actualidade? Hai algo que botes en falta con respecto ao pasado?

De menos, quizais máis cercanía e solidaridade contra rivalidade que a veces quere pasar por enriba da ética. Como valoración do nivel? Dicir que extraordinario, tanto cuantitativa como cualitativamente. Especialmete dende a chegada de José Ángel Luna a Presidencia, que lle deu unha estabilidade que antes non tiña.

  • O gran traballo realizado cos máis pequenos/as ao longo de tantos anos é indiscutible . Que factores consideras fundamentais na formación e no deporte base?

Esforzo, educación e traballo. Con esas premisas todo ven rodado, hai adestradores de calidade, clubes que antepoñen os intereses colectivos aos individais e persoas volcadas co voleibol sen ningún interés lucrativo.

  • Pola tua pizarra pasaron xogadoras de referencia no panorama nacional. Que sintes ao velas competir ao máximo nivel e incluso na Selección Española?

Grandes emocións. Ver xogadoras que saen do teu Clube  e logo representan a España ao máximo nivel, é indescriptible. Especialmete emocionante foi o día que vendo un partido da Selección, había ao mesmo tempo tres xogadoras (de seis) que saíran do Clube, ese foi un día moi indescriptible para mín. Monforte principal cidade do voleibol español ese día.

  • Cómo ves o futuro do volei galego?

Como antes dixen cunhas perspectivas moi esperanzadoras porque xa estamos na cima do voleibol en España.

  • Qué retos che quedan? Como afrontas o que queda por diante?

Retos específicos ningún en especial. Axudar a que este deporte siga subindo o seu nivel dentro das miñas posibilidades e nos lugares que máis útil poida resultar.

Buscar

Categorías

  • Campionatos Galegos PB/BE + Copa Alevín
  • Competicións vólei praia
  • Competicións voleibol
  • Desenrolo e formación
  • Entrevistas
  • Eventos FGVb
  • Federación
  • Formación adestradores
  • Formación árbitros
  • Seleccións vólei praia
  • Seleccións voleibol
  • Supervisión e control
  • Vólei Praia Cat. Inferiores
  • Vólei Praia Senior

Archivos

  • mayo 2023
  • abril 2023
  • marzo 2023
  • febrero 2023
  • enero 2023
  • diciembre 2022
  • noviembre 2022
  • octubre 2022
  • septiembre 2022
  • agosto 2022
  • julio 2022
  • junio 2022
  • mayo 2022
  • abril 2022
  • marzo 2022
  • febrero 2022
  • enero 2022
  • diciembre 2021
  • noviembre 2021
  • octubre 2021
  • septiembre 2021
  • agosto 2021

Ultimas noticias

  • Xornada de tecnificación de adestradores con David Sánchez Flor en Santiago de Compostela

    A Federación Galega de Voleibol, en colaboració...
  • Convocado un novo curso de adestrador Nivel I 

    A Federación Galega de Voleibol, en colaboració...
  • Novo Clínic para adestradores de Vólei Praia da man de Marco Pirés, Seleccionador Nacional.

    O próximo sábado 3 de xuño, en Oira, terá lugar...
  • Xornada de Supervisión e Control de Volei Praia en Oira. 

    O vindeiro domingo 4 de xuño celebrarase en Oir...
  • A Federación Galega de Voleibol abre as inscricións para o campamento de voleibol de verán en Quiroga

    Este campamento de voleibol de verán en Quiroga...

Seccións

  • FEDERACIÓN
  • NOVAS DA FGVB
  • COMPETICIÓNS
  • ÁRBITROS
  • ADESTRADORES
  • DESCARGAS
  • TENDA

Copyright © 2021 FGVB. Todos los derechos reservados.
Desarrollado por TOOOLS.

Contacto

Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña
15008 – A Coruña - España
981 134 453
correo@volei.gal

  • POLÍTICA DE PRIVACIDADE
  • AVISO LEGAL
  • TERMOS E CONDICIÓNS
  • POLÍTICA DE COOKIES

Contacto

Avda. de Glasgow, 13. Complexo Deportivo de Elviña 15008 – A Coruña - España. 981 134 453 correo@fgvb.es

Copyright © 2021 FGVB. Todos los derechos reservados.
Desarrollado por TOOOLS.

  • POLÍTICA DE PRIVACIDADE
  • AVISO LEGAL
  • TERMOS E CONDICIÓNS
  • POLÍTICA DE COOKIES
SUBIR
Utilizamos cookies propias e de terceiros para personalizar o contido da web, proporcionarlles funcionalidades ás redes sociais e para analizar o tráfico da nosa web. Pode aceptar o uso desta tecnoloxía ou administrar a súa configuración e poder rexeitala, e así controlar completamente que información recompílase e xestiona a través dos botóns habilitados para o efecto.

Ao clicar en "Si, Acepto", ACEPTA O seu USO, aínda que poderá retirar o seu consentimento en calquera momento. Tamén pode REXEITAR a instalación de cookies clicando en “Non Acepto" ou CONFIGURAR a instalación de cookies clicando en “Configurar Cookies”.


Para obter máis información sobre as nosas políticas de datos, visite nosa Política de privacidade. Para obter máis información respecto diso, podes consultar a nosa Política de Cookies.

Configurar CookiesNon aceptoSí, Acepto
Ajustes de privacidad

Resumen de privacidad

En cumplimiento de la Ley 34/2002, de 11 de julio, de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico le informamos de que este sitio web, al igual que la mayoría de los sitios en Internet, usa Cookies para mejorar y optimizar la experiencia del usuario. A continuación, encontrará información detallada sobre qué son las “Cookies”, qué tipología utiliza este sitio web, cómo cambiar la configuración de sus cookies, y qué ocurre si deshabilita las Cookies.
Necesarias
Siempre activado
Estas cookies son necesarias para o funcionamento do sitio web. En xeral, a maioría delas establécense en resposta a accións realizadas por vostede que equivalen a unha solicitude de servizos, como establecer as súas preferencias de privacidade, iniciar sesión ou encher formularios.
No Necesarias
Este sitio web utiliza Google Analytics para recoger información anónima de navegación. Estas cookies nos permiten medir el número de visitas y conocer las fuentes de tráfico. Nos ayudan a saber qué páginas son las más y las menos populares y a conocer cómo se mueven los visitantes por el sitio. Toda la información que estas cookies recolectan es agregada y por lo tanto anónima. Si no autoriza estas cookies, no sabremos cuándo ha visitado nuestro sitio. Mantener esta cookie activada nos ayuda a mejorar nuestro sitio web.
GUARDAR Y ACEPTAR