A segunda proba para os nosos Sub 19 de vólei praia nesta temporada 22/23 será o vindeiro día martes 6 de decembro no complexo Deportivo de Oira.
Esta proba, puntuable para os Campionatos de España 2023, continua co Campionato que comezou o pasado día 12 de outubro, permitindo aos nosos deportistas de vólei praia desfrutar de competicións federadas tamén no inverno.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer o compromiso e colaboración unha vez máis do Concello de Ourense, así coma do seu Consello Municipal de Deportes e o Club Ourense Vólei Praia, para poder levar a cabo unha nova proba na provincia.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 29 ás 20:00 horas, publicando os horarios definitivos ao longo do venres día 2 de decembro.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA