Tras a celebración da primeira proba do Circuito Oira Praia o pasado 12 de febreiro, as categorías Sénior e Sub 21 masculino e feminino volven a Ourense para continuar co calendario de vólei praia galego neste ano 2023. O Club Milenio Ourense Vólei Praia organiza esta proba puntuable para o Ranking Galego e Nacional, que terá un prezo de 30€ por parella e un límite de 12 por categoría masculina/feminina.
A data límite para formalizar as incricións para participar na proba será o día 07/03/2023 as 20:00, podendo consultar toda a información adicional do torneo ao final desta nova. Recordamos tamén que a data tope para a tramitación de licenzas para participar nesta proba será o día 06/03/2023.
Información adicional e inscrición para o Torneo Oira Praia 12 de marzo 2023
Si algunha parella non consegue acceder ao formulario deberá poñerse en contacto a través do correo electrónico cvpmilenio@gmail.com o no teléfono 646923389.