A terceira proba nesta temporada e a primeira do ano 2023 para a categoría Sub 19 será o vindeiro día sábado 25 de marzo no complexo Deportivo de Oira.
Esta competición, puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, continua despois das probas dos días 12 de outubro e 6 de decembro, celebrando a súa terceira proba tamén na area de Oira e reunindo a toda a comunidade de deportistas do vólei praia galego.
Recordamos que para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 21 ás 20:00 horas, publicando os horarios provisionais mércores 22 e os definitivos xoves 23. Recordamos que a tramitación de licenzas para esta proba será ata o luns 20.
Unha vez máis a Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas de novo ao Concello de Ourense, o Consello Municipal de Deportes e o Club Ourense Vólei Praia, que fan posible o evento.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA