Cambados, Quiroga e Marín serán o día 26 de marzo as sedes das derradeiras xornadas de tecnificación da Federación Galega de Voleibol. As categorías benxamín, alevín, infantil e cadete poderán despedir estas xuntanzas da temporada 2023 compartindo experiencias con compañeiros/as de outros clubs e adestradores/as especializados do volei galego.
Para estas concentracións de final de mes, os horarios e localizacións son as seguintes:
Cambados – Supervisión e control – categoría feminina, limitada a 60 prazas por orde de inscrición, pendentes de ampliación en función de dispoñibilidade de instalación:
- Infantil: 10:00-12:00/15:00-17:00. (PRAZAS ESGOTADAS)
- Cadete: 12:00-14:00/17:00-19:00.
Quiroga – Supervisión e control – categoría masculina:
- Infantil: 10:00-12:00/15:00-17:00 .
- Cadete: 12:00-14:00/17:00-19:00.
Marín – Desenrolo e formación – categoría masculina e feminina (PRAZAS ESGOTADAS):
- Alevín e Benxamín: 11:00-13:00/15:00-17:00.
Para a inscripción nesta xornada deberase cumprimentar o formulario disponible na sección de descargas da nosa web, así coma o pago de 25 € (Número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A) enviando xustificante de pago e formulario a dtecnico@volei.gal antes do día 22 de marzo ás 12:00 horas .
Recordamos que este ano a Federación proporcionará unha camiseta exclusiva ca inscrición, ademáis da comida xa incluída, que os inscritos deberán usar na concentración, indicando previamente a talla no formulario.
Descargue aquí o formulario de inscrición para as Xornadas