Os nosos pequenos culminan o vindeiro día 29 de maio os Campionatos Galegos Benxamín/Prebenxamín e a Copa Alevín en Ourense. Despois das tres probas celebradas entre Narón e Pontevedra, os pavillóns dos Remedios e o O Pompeo acollerán a derradeira celebración deste circuito que enfrenta aos máis xóvenes do voleibol galego.
Agradecer un ano máis ao Club Voleibol Ourense, o Club Voleibol San Martiño e o Concello de Ourense, que serán os anfitrións dunha das probas destes campionatos, demostrando así o seu compromiso cos nosos pequenos un ano máis.
Recordamos que, para a inscripción dos equipos, non haberá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 xogadores no caso de benxamíns e alevíns, e cun mínimo de 3 e máximo de 5 na categoría prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 a través de correo@volei.gal.
O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 24 ás 20:00, quedando o límite de inscripción de equipos para o martes 25 ás 20:00, co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.
Recordamos que nas normas técnicas aplicarase o que recolle o regulamento técnico Alevín e Benxamín da RFEVb