O vólei praia galego segue a desputar as súas probas en Ourense. O vindeiro día 30 chega a quenda para a primeira das probas cadete dos nosos xogadores e xogadoras, que volverán a ter unha vez máis o Recinto Deportivo de Oira como sede.
O Club Ourense Vólei Praia, contando unha vez máis ca colaboración co Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, será o anfitrión da que será a quinta proba para as categorías menores da modalidade de praia nesta temporada 22/23, pendente de celebrar a proba desta fin de semana dirixida á categoría infantil e para a cal as inscricións rematan mañán martes 18 as 20:00 horas.
Recordamos que esta competición é puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, e para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal antes do martes 25 ás 20:00 horas, publicando os horarios provisionais mércores 26 e os definitivos xoves 27. Recordamos que a tramitación de licenzas para esta proba será ata o luns 24.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA