Esta fin de semana do 29 e 30 de abril comezan as Finais dos Campionatos Galegos de Voleibol da temporada 2022/23, que se celebrarán no Pavillón Manuel Coto Ferreiro de A Estrada.
Este evento contará ca colaboración da Deputación de Pontevedra, o Concello de A Estrada e Gadis, que un ano máis axudará ao volei galego no que supón o broche de ouro á temporada deportiva de pista e nomeará aos Campións e Campioas galegas, decidindo tamén as derradeiras prazas dispoñibles para os Campionatos de España.
Recordamos que o acceso aos partidos será de carácter gratuito e os afeccionados tamén poderán seguir os encontros a través da canle de YouTube da Federación Galega de Voleibol.
As datas e enfrontamentos serán os seguintes:
Sábado 29 abril:
- 10:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Júnior Masculino.
- 12:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Xuvenil Masculino.
- 17:00- Final Campionato Galego 2023 Voleibol Infantil Masculino.
- 19:00- Final Campionato Galego 2023 Voleibol Infantil Feminino .
Domingo 30 de abril:
- 10:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Júnior Feminino.
- 12:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Xuvenil Feminino.
Sábado 6 de maio
- 10:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Cadete Masculino.
- 12:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Cadete Feminino.
- 17:00 – Final Campionato Galego 2023 Voleibol Senior Masculino.
- 19:00- Final Campionato Galego 2023 Voleibol Senior Feminino.