A segunda proba dos Campionatos Galegos de Inverno chega para a categoría infantil o vindeiro día sábado 6 de maio. Novamente en Oira, que seguirá celebrando probas a longo do mes de maio nas categorías cadete, alevín e infantil, os nosos pequenos/as poderán desfutar dunha nova xornada da súa modalidade favorita.
Agradecemos unha vez máis ao Club Ourense Vólei Praia, contando de novo ca colaboración do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, sendo así os anfitrións desta sexta proba que está a asentar a competición de praia nos meses alleos ao verán.
Recordamos que esta competición é puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, e para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal antes do martes 2 ás 20:00 horas, publicando os horarios provisionais mércores 3 e os definitivos xoves 4. Recordamos que a tramitación de licenzas para esta proba será ata o luns 1.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA