Os cadetes repiten competición o vindeiro día 14 de maio en Oira. A segunda proba dos Campionatos Galegos de Inverno para esta categoría chega novamente a Ourense, que seguirá celebrando probas a longo do mes de maio cas seguintes datas confirmadas:
- 14 de maio: 2ª proba cadete.
- 17 de maio: 1ª proba alevín.
- 20 de maio: 3ª proba infantil (en dous días no caso de ser preciso, masculino sábado e feminino domingo).
- 27 de maio: 3ª proba cadete (en dous días no caso de ser preciso, masculino sábado e feminino domingo).
Agradecemos unha vez máis ao Club Ourense Vólei Praia, contando de novo ca colaboración do Concello de Ourense e o Consello Municipal de Deportes, sendo así os anfitrións desta sexta proba que está a asentar a competición de praia nos meses alleos ao verán.
Recordamos que esta competición é puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego, e para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal antes do martes 9 ás 20:00 horas, publicando os horarios provisionais mércores 10 e os definitivos xoves 11. Recordamos que a tramitación de licenzas para esta proba será ata o luns 8.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA