Despois de dous fins de semana no Concello de A Estrada nos que se coroaron os Campións e Campioas do noso deporte nas categorías sénior, júnior, xuvenil, cadete e infantil, os pequenos do volei galego teñen unha cita este sábado 13 no Pavillón Municipal Jose Manuel Abuín de Rianxo.
Nunha xornada de competición que comezará as 10 da mañá, os 8 mellores equipos clasificados da categoría benxamín pelexarán en dous grupos polo pase as semifinais que se disputarán na quenda de tarde. Os grupos serán os seguintes:
- Grupo A: CDPF Calasancias, CD Zalaeta, Arenal Emevé, CV Riaxo.
- Grupo B: Cv Narón Volea, AD Liceo, CV Oleiros, Xav Cambados.
A xornada de mañán será interrupida para celebrarse as Finais da competición Alevín, que serán ás 11:30 e enfrontarán aos seguintes equipos:
- Alevín Feminino: CDPF Calasancisa vs Club Korbis.
- Alevín masculino: Club Ourense Vólei Praia vs Arenal Emevé.
Desde a Federación Galega de Voleibol quérese agradecer ao Concello de Rianxo e ao Club Voleibol Rianxo polo compromiso e as facilidades que deron para realizar o peche dos Campionatos Galegos de voleibol 2023.
Pode consultar os horarios da proba final do Campionato Galego Benxamín na seguinte ligazón.
Pode consultar a clasificación do Campionato Galego benxamín feminino na seguinte ligazón.