A Federación Galega de Voleibol fai oficial a súa terceira convocatoria das Seleccións Galegas nesta temporada. Cos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas 2023 á volta da esquina, os nosos/as técnicos/as seguen a confeccionar as listas do que será a nosa expedición representante este verán.
Estas concentracións terán lugar os días 27 e 28 de maio no Pavillón de Quiroga, e os cadetes e infantiles masculinos e femininos seleccionados adestrarán en quendas de mañán e tarde, facendo percnota a noite do sábado.
Os horarios son os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino): entrada sábado 27 as 10:00 e saída domingo 28 as 17:00.
- Infantil (masculino e feminino): entrada sábado 27 as 12:00 e saída domingo 28 as 19:00.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para catro adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta segunda concentración: