A Federación Galega de Voleibol ten o pracer de anunciar a apertura das inscricións para o esperado campamento de voleibol de verán, que se celebrará en Quiroga este verán de 2023.
Este campamento é unha oportunidade única para que os amantes do voleibol vivan unha experiencia inesquecible, mellorando as súas habilidades deportivas mentres desfrutan da beleza natural da rexión galega de Quiroga.
O campamento terá lugar durante a tempada de verán, do 16 ao 30 de xullo en dúas quendas, e está aberto a xogadores e xogadoras dende os 11 ata os 16 anos (nados entre 2011 e 2006, ambos incluidos), de todos os niveis de experiencia e para os que se deseñou un programa completo de adestramentos e actividades relacionadas co voleibol, co obxectivo de desenvolver as habilidades técnicas, tácticas, físicas e sociais dos participantes.
Ademais das sesións diarias de adestramento dirixidas por técnicos especializados, os participantes tamén terán a oportunidade competir nun torneo interno e gozar de actividades de ocio e tempo libre como rutas de senderismo, actividades acuáticas e demáis.
O campamento situarase nas instalacións do Concello de Quiroga, aproveitando o entorno natural do río Sil e as montañas da Ribeira Sacra. Os participantes terán acceso a instalacións deportivas e contarán con aloxamento no albergue municipal onde tamén se lles proporcionará a manutención.
As quendas serán as seguintes:
- 1ª quenda: do domingo 16 de xullo con entrada a partir das 18:00 ata o domingo 23 con saída antes das 12:00 da mañá.
- 2ª quenda : do domingo 23 de xullo con entrada a partir das 18:00 ata o domingo 30 con saída antes das 12:00 da mañá.
As prazas para este campamento de voleibol son limitadas, polo que a Federación Galega de Voleibol recomenda a todos os interesados que se inscriban canto antes para garantir a súa participación gardando a preferencia de quenda por orden de inscripción. O precio de actividade será de 425 € por quenda, sendo as dúas seguidas por 750 € (número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A).
As inscricións están abertas ata o 30 de xuño e poden realizarse mediante o formulario de rexistro, atendendo calquer dúbida no correo dtecnico@volei.gal e enviando o comprobante de pago e o formulario a esa dirección de contacto para completar o proceso de inscrición .