A Federación Galega de Voleibol comprace en anunciar a apertura da súa tenda oficial, xusto a tempo para o emocionante Campionato de España de Seleccións Autonómicas que terá lugar a finais de xuño en Valladolid.
Os produtos dispoñibles na tenda incluirán camisetas oficiais do campionato, bufanda, toallas, mochila e manguitos de xogo co logotipo e os cores representativos do #VoleiGalego. Estes produtos serán o inicio dunha liña máis extensa que se lanzará ao longo dos próximos meses, co obxectivo de que os fanáticos poidan mostrar o seu apoio e lucir os seus cores favoritos mesmo despois do campionato.
Para celebrar a apertura da tenda, ofrecerase un desconto especial en todos os produtos durante un período de tempo limitado. Ademais, os pedidos realizados antes dunha data límite específica (6 de xuño ata as 23:59 horas) non incorrerán en gastos de envío. Con todo, os compradores deberán recoller os produtos nas oficinas da Federación Galega de Voleibol para garantir que cheguen a tempo antes do campionato.
A tenda da Federación Galega de Voleibol busca ofrecer aos afeccionados unha experiencia única e a oportunidade de adquirir produtos de calidade que mostren o seu apoio ao Volei Galego. Esta nova tenda ofrece nun primeiro lugar unha gama de produtos deseñados especialmente para os apaixonados afeccionados ao voleibol que asistirán ao CESA apoiando as seleccións galegas, pero tamén servirá de plataforma para o resto de estamentos da FGVB .
Visita a tenda oficial en liña e asegúrate de facer o teu pedido a tempo para o Campionato de España. ¡Vístete cos cores do VoleiGalego e anima desde as bancadas aos nosos/as!
- Dende a FGVB aconsellamos encarecidamente consultar a guía de tallas proporcionada por parte do proveedor textil para evitar erros nos pedidos, pode facelo na seguinte ligazón.