A Federación Galega de Voleibol fai hoxe oficial a lista de xogadores que representarán á nosa comunidade nos Campeonatos de España de Selecciones Autonómicas que un ano máis se celebrarán en Valladolid.
Os equipos galegos loitarán un ano máis por finalizar entre os mellores de España, mostrando a súa mellor versión neste importante torneo nacional despois das concentracións realizadas ao longo desta temporada deportiva nos encontros que terán lugar do día 29 de xuño ao 2 de xullo de 2023.
A lista de xogadores e xogadoras seleccionados é a seguinte:
Para o evento, a expedición galega partirá en dous autobuses o día mércores 28, tendo os seguintes puntos e horas de recollida por toda Galicia:
SAIDA AUTOBUS 1
HORA | DIRECCIÓN | PUNTO DE RECOLLIDA |
7:50 | CAMPOS FEDERATIVOS DE ELVIÑA (A CORUÑA) | LOCALIZACIÓN |
9:15 | HOTEL JORGE I (LUGO) | LOCALIZACIÓN |
15:00 +- | HOTEL ZENTRAL PARQUE/ RESIDENCIA UNIVERSITAS | LOCALIZACIÓN |
SAIDA AUTOBUS 2
HORA | DIRECCIÓN | PUNTO DE RECOLLIDA |
7:00 | CAMPO DA FEIRA DE PADRÓN | LOCALIZACIÓN |
7:45 | PONTEVEDRA (ROTONDA DA PONTE DA BARCA) | LOCALIZACIÓN |
8:15 | VIGO (ESTACIÓN DE TREN DE GUIXAR) | LOCALIZACIÓN |
9:25 | OURENSE (ESTACIÓN DE TREN) | LOCALIZACIÓN |
15:00+- | HOTEL ZENTRAL PARQUE /RESIDENCIA UNIVERSITAS | LOCALIZACIÓN |
Recordamos que se poderán ver todos os encontros a través da Canle da RFEVB, así coma consultar tamén toda información do CESA en cada categoría nas seguintes ligazóns:
- CESA Infantil Femenino 2023: https://www.rfevb.com/cesa-infantil-femenino-2023
- CESA Infantil Masculino 2023: https://www.rfevb.com/cesa-infantil-masculino-2023
- CESA Cadete Femenino 2023: https://www.rfevb.com/cesa-cadete-femenino-2023
- CESA Cadete Masculino 2023.: https://www.rfevb.com/cesa-cadete-masculino-2023