A Coruña repite por terceiro ano consecutivo acollendo unha proba de Categorías Inferiores de vólei praia, congregando aos nosos pequenos deportistas para desputar a próxima fin de semana do 8 de xullo unha nova xornada de dous días de competición nas categorías infantil e Sub-19 (sábado 8) e alevín e cadete (domingo 9).
Englobado no proxecto A Coruña é Vólei Praia, que tamén inclúe o Campeonato Senior Galego (3ª proba do Circuíto Vichy Catalan Vólei Praia Galego) e o II Trofeo Cidade da Coruña 1* CNVP, o noso deporte volverá a encher a praia de Riazor durante 3 fins de semana.
Para rexistrar a participación, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 4 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A Lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer o compromiso e colaboración unha vez máis do Concello de A Coruña e da Deputación da Coruña para poder levar a cabo esta gran iniciativa, que fai que A Coruña sexa o centro do Vólei Praia Galego acollendo aos mellores xogadores/as autonómicos e nacionais.