Un ano máis o Circuito Vichy Catalan Volei Galego volve ás praias da nosa Comunidade Autónoma. En colaboración ca marca de auga embotellada Vichy Catalan, as praias de Baltar, Samil e Riazor acollerán aos mellores xogadores do Vólei Praia galego neste circuito que xa se asentou nos veráns do noso voleibol.
Este Circuito Vichy Catalan Volei Galego está composto por dúas probas do Verán Deportivo ademáis do Campionato Galego de Vólei Praia de A Coruña. Os xogadores que participen por primeira vez no Circuito poderán ter a súa camiseta gratuíta na carpa de organización antes de comezar a proba indicando o seu nome, mentres que os xogadores e xogadoras veteranos/as do Circuito deberán levar obrigatoriamente as camisetas personalizadas entregadas pola organización nos dous anos anteriores.
As datas das probas serán:
- 1ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Verán Deportivo Sanxenxo (15 de xullo).
- 2ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Verán Deportivo Vigo Arena (29 de xullo).
- 3ª Proba Circuito Vichy Catalan Volei Praia Galego – Campionato Galego Senior A Coruña (19/20 de agosto.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a Vichy Catalan o seu compromiso co Vólei Praia Galego, apoiando o noso deporte un ano máis e facendo que os nosos/as deportistas poidan realizar o que máis lles gusta en entornos privilexiados como a costa galega.
Máis información da proba na seguinte ligazón.