Despois da primeira fase celebrada a pasada fin de semana con carácter provincial, a Copa Deputación avanza á súa fase autonómica neste inicio de temporada cunha nova proba puntuable para os Campionatos de España 2023 e o Ranking Galego.
Esta Copa Deputación de Ourense, celebrada grazas á colaboración do Club Ourense Vólei Praia e ca axuda da Deputación, o Concello e o Consello Municipal de Deportes de Ourense, axenda tres probas para este mes de outubro:
- 22 de outubro 2023: categorías Sub-19.
- 28 de outubro 2023: categorías Cadete.
- 29 de outubro 2023: categoría Infantil.
Recordamos que para rexistrar a participación deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal, tendo o límite o mesmo martes da semana de cada proba ás 20:00 horas, quedando o límite de tramitación de licenzas para os luns.
- Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA