As Becas do Volei Galego, que permiten a catro adestradores/as formar parte dos corpos técnicos das seleccións galegas de voleibol na temporada 23-24, asistindo ás concentracións de tecnificación e ao Campionato de España de Seleccións Autónomicas que se celebrará a finais de xuño de 2024, xa teñen os seus beneficiados.
Despois do proceso de evaluación de candidaturas, a Federación Galega de Voleibol fai oficial aos seleccionados e seleccionadas nesta temporada:
CANDIDATO | CLUB | SELECCIÓN |
Joao Marcelo | CV Dompa San Martiño | Cadete masculino |
Jose Manuel Rodríguez | Voleibol Rianxo | Cadete feminino |
Yasia Dolisnea | CV Pontevedra | Infantil masculino |
Maya Pisos | CV Oleiros | Infantil feminino |
A Federación quere felicitar a todos/as os beneficiados, agardando que aproveiten ao máximo a súa experiencia cas nosas Seleccións, e que aporten todo o que esté nas súas mans para a consecución dos obxectivos propostos.