O vindeiro día 27 os nosos pequenos e pequenas comezarán a súa competición en Narón. Ca celebración da primeira proba da Copa Alevín e os Campionatos Galegos nas categorías Benxamín e Prebenxamín , preto de 300 deportistas procedentes de diferentes puntos de Galicia desputarán os seus encontros nas máis de 12 pistas habilitadas nos pavillóns de A Solaina e Campo da Serra.
Este campionato desenvolverase nas seguintes datas, quedando pendentes as localizacións por confirmar.
- 1ª Proba – 27/01/24 – Narón .
- 2ª Proba – 24 ou 25/02/24 .
- 3ª Proba – 23 ou 24/03/24 .
- 4ª Proba – 04 ou 05/05/24 .
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer un ano máis ao Club Voleibol Narón-Volea e ao Concello de Narón o seu traballo para realizar esta proba nos dous pavillóns habilitados, que acollerán os encontros dunha competición que senta as bases do noso deporte en Galicia achegando aos máis novos o voleibol federado.
Para a inscripción dos equipos, que non terá límite por club sempre e cando teñan un mínimo de 4 integrantes e máximo de 7 xogadores no caso de benxamíns e alevíns, e cun mínimo de 3 e máximo de 5 na categoría prebenxamín, os clubes deberán enviar o formulario G11 a través de correo@volei.gal.
O prazo de tramitación de licenzas individuais para a proba remata o luns 22 ás 20:00, quedando o límite de inscripción de equipos para o martes 23 ás 20:00, co obxectivo de publicar mércores os listados provisionais e xoves os definitivos das probas.
Recordamos que nas normas técnicas aplicarase o que recolle o regulamento técnico Alevín e Benxamín .