A Federación Galega de Voleibol fai oficial o comezo do Camiño ao CESA 2024 ca primeira convocatoria das Seleccións Galegas de voleibol nesta temporada 23-24. Co obxetivo de comezar a perfilar os equipos que asistirán aos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas, os xogadores e xogadoras seleccionados terán que adestrar durante un ou dous días para demostrar a súa valía e comezar a facerse un oco nos equipos que representarán a Galicia.
Estas concentracións terán lugar os días 12 e 13 de febreiro no Colexio San Narciso de Marín, facendo adestamentos en quendas de mañán e tarde e facendo percnota nas instalacións, supervisados/as polos técnicos da Federación Galega de Voleibol.
Os horarios son os seguintes:
- Cadete (masculino e feminino): entrada luns 12 de febreiro ás 09:45 e saída martes ás 17:00.
- Infantil (masculino e feminino): entrada luns 12 de febreiro as 11:45 e saída martes 28 as 19:00.
Lembrámolle aos xogadores convocados que deben levar roupa para catro adestramentos, así como documentación (DNI, tarxeta sanitaria) e artigos de hixiene persoal para todos os días.
A continuación, amósase a lista de deportistas por club para esta segunda concentración: