Esta temporada 23-24 de vólei praia continúa, despois das actividades celebradas en outubro e novembro, con 3 probas puntuables para o Ranking Galego e os Campionatos de España 2024 comezando esta mesma fin de semana en Ourense.
Hoxe tivo lugar no Concello de Ourense a presentación oficial destas probas, que se celebrarán ao longo do mes de marzo no recinto deportivo de Oira. Á presentación asistiron o Concelleiro de Deportes de Ourense, Aníbal Pereira; o Secretario da Federación Galega de Voleibol, Jose Ramón Baña ; Dna. Pilar Tejada, socia de ARL Abogados e o representante do Club Ourense Vólei Praia Álex Prada.
As probas serán nas categorías cadete (09 de marzo), Sub-19 (16 de marzo) e Sub 15 (23 de marzo) e recordamos que para rexistrar a participación nestas probas é necesario cubrir o modelo FGVB 02 e envialo ao correo competicions@volei.gal, tendo como límite o martes previo ao fin de semana da proba ás 20:00 horas.
A Federación Galega de Voleibol quere agradecer a implicación de tanto o Concello coma o Club Ourense Vólei Praia pola implicación e o compromiso no fomento do vólei praia na nosa comunidade, facendo que Ourense sexa o centro deste deporte en gran parte da súa temporada deportiva.