Esta fin de semana do 27 e 28 de xullo terá lugar o Campionato Galego Senior de Volei Praia, derradeira proba do Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego 2024.
A primeira etapa do proxecto «A Coruña é Vólei Praia» albergará a Competición Senior masculina e feminina, se disputarán ambas ao longo de sábado e domingo na Praia de Riazor e quedando ambas finais fixadas para o domingo.
Para esta cuarta proba do Circuito Vichy Catalán Volei Praia Galego se contará cunha inscripción de 30€ por parella, sendo o 100% das inscricións para premios quedando da seguinte forma o reparto:
- 1° Clasificado – 40% do total das inscricións.
- 2° Clasificado -30% do total das inscricións.
- 3° Clasificado -20% do total das inscricións.
- 4° Clasificado -10% do total das inscricións.
Recordamos que a inscrición deberá formalizarse por correo electrónico antes deste martes 23 as 20:00 horas a través de correo@volei.gal, así coma o xustificante do pago de 30€ no número de conta: ES71 0081 0499 6400 0137 8440, Banco de Sabadell, S.A. A admisión fíxase para ás 16 parellas masculinas e 16 femininas que posexan o mellor seeding, pasando o resto de parellas a reserva.