A cuarta e derradeira proba da Copa Deputación da Coruña Vólei Praia de Categorías Inferiores terá lugar no areal do Lago de As Pontes. Deste xeito, concluirá este circuito que comezou en Rianxo e que fixo competir ás categorías Sub19, cadete, infantil e alevín neste verán de 2024.
A Federación Galega de Voleibol quere dar as grazas ao Concello das Pontes de García Rodríguez unha vez máis, así coma á Deputación da Coruña, que colaboran co #voleigalego para que os nosos pequenos e pequenas poidan facer realidade o seu desexo de competir no seu deporte favorito.
Aproveitando esta derradeira proba e en colaboración cas autoridades locais, a FGVB entregará ao remate do domingo os trofeos aos clubs campións desta temporada de vólei praia. Tamén as medallas aos primeiros, segundos e terceiros clasificados de cada categoría na clasificación da Copa Deputación 2024 o sábado e domingo despois de cada proba.
Para rexistrar a participación nesta primeira proba dos días 14 e 15, deberase cubrir o modelo FGVP 02 ao correo competicions@volei.gal ata o martes 10 as 20:00, quedando o límite de cambio de parella limitado ata o xoves ás 15:00 horas.
Descargar o modelo Modelo FGVP 02 – BOLETÍN DE INSCRIPCIÓN DE EQUIPOS EN VOLEI PRAIA
A lista de entrada provisional publicarase mércores, deixando as listas definitivas e o planning definitivo para o xoves á primeira hora da tarde. Recordamos que, polo alto número de participantes nas últimas probas, os xogadores/as únicamente se poderán inscribir nunha categoría o mesmo día.